Reflexión: Castells, M. (2001): Internet y la Sociedad Red

Comparte!

Reflexión: Castells, M. (2001): Internet y la Sociedad Red
http://www.uoc.es/web/cat/articles/castells/castellsmain8.html
por Pablo Nimo, 2009

2044470902_f0fbe9dc74Debo comezar a miña reflexión ou resumo sinalando unha cuestión que empapa as miñas análises dos diferentes artigos cando estamos a falar da Sociedade da Información. Unha das súas características é a propia fugacidade da información xa que as propias ferramentas tecnolóxicas, e por tanto parte das ferramentas utilizadas para o tratamento da información, están en constante e brutal cambio. Quere dicir isto que serei escéptico con todo aquel artigo que analice na medida en que pode quedar obsoleto en pouco tempo? Pois non, xa que tal e como podemos observar neste artigo de Castells, hai cuestións que poden ser discutibles, pero aínda pasando oito anos o fundamental, o profundo, a ensinanza do artigo perdura.

Por sinalar un pouco da estructura do artigo, Castells divide a súa conferencia en dous grandes bloques de contido, o primeiro que fala da propia estructura da internet, e un segundo bloque onde centra o tema en como Internet modifica as relacións sociais e os diferentes factores que aquí se poden analizar.

Dentro do primeiro gran apartado Castells comeza falándonos da historia de internet pero enfocada dende seis puntos que él denomina “lecións da historia de internet”. Tenta darnos unha ensinanza baseada en cada unha das lecións. Na primeira leción, relacionada co nacemento de internet, resalta a extrana relación que se estableceu entre o finanzamento militar (nun principio non chegou a ter aplicación militar), a investigación universitaria e a contracultura radical libertaria, estos deseosos de liberdade e autonomía respecto do Estado e das grandes empresas. Como segunda ensinanza, amósanos como a fonte de Internet non foi a empresa, quere dicir que nos seus comezos non foi concebida nuns estándares de oferta-demanda (productividade e eficiencia). Xa na terceira leción, remítenos a unha concepción do coñecemento que cada día está máis sometida a debate, neste caso fálanos dos protocolos TCP/IP, que sendo centrales para a elaboración do tecido rede, a súa fonte de código é aberta. Como cuarta lección, Castells indícanos como a comunidade modificou o uso inicial para o que foi creada internet, resaltando esa idea de que o poder na rede está en mans da comunidade. Na quinta leción Castells quere desmentir a idea de que Internet é unha creación norteamerica, comenta que é froito do traballo cooperativo entre científicos de diferentes países, como pode ser o caso do británico que inventou as www. Sexta lección, no seu comezo ninguén lle dou importancia a internet, isto propiciou que a propia comunidade de usuarios fora quen a comezara a organizar e hoxe se convertira no goberno de internet. Este goberto organízase a través dunha asociación privada denominada ICANN e que elixe o seu comité executivo nun proceso de votación global e aberto. Conclúe Castells, neste primeiro apartado do primeiro bloque, falando dos códigos do software que gobernan internet, e di que foron e que continúan a ser abertos, o que permite que o potencial de innovación tecnolóxica sexa infinito. Apache, UNIX, TCP/IP, de código aberto, sustentan internet.

Posteriormente pasa a falarnos da “xeografía de internet” diferenciando a situación dos usuarios e dos proveedores de contidos que enlazaría directamente coa “división dixital” onde se analiza brevemente a denominada “brecha dixital”.

En relación a análise xeográfica de internet, Manuel Castells divide esta en relación a dous tipos de xeografía: a dos usuarios e a dos proveedores de contido. En relación ós usuaios fai dúas referencias principiais, a que se refire ó aumento diario de usuarios que utilizan internet e á realidade existente en relación a que quen máis tarde chegue, menos terá que decir do contido, da estructura e da propia dinámica de internet. Cambiando de tipo xeográfico, e referíndonos ó dos proveedores de contido, é este un dos puntos dos que hoxe, no 2009, podémonos facer algunha pregunta. Castells fala de que existe concentración na produción de contidos, sobre todo nas grandes cidades xa que é alí onde se atopa a meirande parte do coñecemento e da información. Este artigo é do 2001, no 2005 produceuse o auxe da web 2.0, este modifica a estructura da produción dos contidos, é a do usuario. Permite isto unha deslocalización dos contidos debido a que as redes de coñecemento, redes sociais, se artellan na rede? Seguramente que si lemos artigos actuais de Castells nolo aclara.

Un punto importante pero que non é central nesta conferecia é o que Castells chama a “divisoria dixital”, tamén coñecida como “fenda dixital”. E fai unha reflexión importante que comeza dicindo literalmente: “¿qué sabemos de esto? Por un lado, es cierto que hay una gran diferencia de conectividad y observamos que aquellas personas que no tienen acceso a Internet tienen una debilidad cada vez más considerable en el mercado de trabajo” para continuar dicindo máis adiante: “Una vez que toda la información está en la red, una vez que el conocimiento está en la red, el conocimiento codificado, pero no el conocimiento que se necesita par lo que se quiere hacer, de lo que se trata es de saber dónde está la información., cómo buscarla, como procesarla, cómo transformarla en conocimiento específico para lo que se quiere hacer. Esa capacidad de aprender a aprender, (…). Es ahí donde está, empíricamente hablando, la divisoria digital en estos momentos”. Atención, reclamo a atención dos que están a ler esta reflexión. Este asepecto é central par min en todo o que se refire á nova Sociedade da Información, e moito máis si o que estamos a tratar son temas educativos. Cando no comezo da reflexión vos falaba de que as ensinanzas profundas dos artigos son as que fan que, nun mundo sumamente cambiante, estes perduren, referíame a isto a centrar a idea na competencia de “aprender a aprender”. É aquí onde temos que incidir?

Como cuarto punto importante no artigo, Castells reflexiona sobre a relación que Internet, dende o punto de vista comunicativo, está a ter na economía. Castells fai fincapé, e compara o momento en que internet chega as empresas co fordismo. Volve haber un cambio no concepto de empresa, e non se refiere á venta on-line, senón á propia organización onde a tecnoloxía permite que existan empresas case virtuais como Cisco, onde as relacións entre empresa e cliente, así como a propia rede de proveedores, se organiza na rede. Neste apartado, Castells tamén fala da organización dos mercados bursátiles, e por suposto, como a rede fai posile o desenrolo vertixinoso da transación financieira electrónica.

A partir do seguinte punto, o da “socieabilidade en internet”, Manuel cambia de tercio enfocando a súa conferencia nas relacións sociais e como internet as está a modificar. Dentro deste gran bloque, falaranos dos movementos sociais, de política e internet, dos medios de comunicación para rematar coa reflexión que centra a tesis de Castells, a Sociedade Rede.

Castells fálanos de tres rasgos na interacción entre Internet e os movementos sociais: O primeiro é a crise da organización tradicional dos movementos sociais, que pasa das movilizacións locais e concretas a unha organización máis asociacionista en base a intereses que atravesa espazos e tempos. Ademáis, como segundo rasgo, Castells móstranos que “a trasmisión instantánea de ideas nun amplo marco permite a coalición e a agregación en torno a valores”. Esta idea xoga co elemento identitario das persoas e das súas emocións, si eu estou fortemente comprometido con unha idea, así me vou a presentar ante a rede. En relación con isto último cóntanos como estaban dous cans diante dun ordenador dille un ó outro, – Ves, en internet ninguén sabe que eres un can”. “Pode que haxa manipulacións da identidade, pero en xeral non van a prosperar. O que si, si te mostras como gato eres un gato e non un can”. Como terceiro elemento definitorio das relacións entre movementos sociais e a rede está a posibilidade de modificar o global dende a experiencia local. Isto quere dicir que podemos organizar un movemento global a partir dos problemas locais.

Castells conclúe o artigo falando do concepto estrela: A sociedade rede. “A especificidade é que internet constitúe a base material e tecnolóxica da sociedade rede, é a infraestrucutra tecnolóxica e o medio organizativo que permite o desenrolo dunha serie de novas formas de relación social que non teñen a súa orixe en Internet, que son froito dunha serie de cambios históricos pero que non poderían desenrolarse sen Internet”.

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*