Pode Google fulminar “porfín” as tracidionais metodoloxías no ensino da lecto-escritura?

Comparte!

Parece que as invitacións a Google Wave están agotadas. Entón a curiosidade levoume a camiñar pola web en busca do porqué da revolución da nova Rede Social que está a preparar Google. Atopei un video titulado “Google Wave – Procesamiento del lenguaje natural”. É imprescindible velo para entender que é o que debera suceder. (unha vez iniciada a reprodución podes activar os subtítulos en español).

Xa fai tempo que algúns dos recén saídos da Universidade pensamos que as metodoloxías tradicionais para o ensino da lectura e da escritura pouco teñen que ver cos tempo modernos da Sociedade da Información, que cada vez recordan máis a métodos utilizados na antiguedade, en sótanos escuros cheos de humidade, con enormes paredes delimitando o espazo e cunha clara dirección vertical no que á relación entre mestre e alumno se refire: da tarima ó pequeno alumno. A desgracia é que me estou a referir a cuestións que hoxe en día vemos nas nosas aulas: dictados rancios, copias por faltas de ortografía, coloca b ou v, suspenso por dúas faltas… Moitos grupos de alumnos a día de hoxe pasan gran parte do curso escolar, e da primaria, realizando este tipo de exercicios.

Unha das primeiras veces que vin isto con claridade foi con un artigo publicado por un profesor en “La Voz de Galicia”. “Las faltas de ortografía en su sitio” fai refencia á importancia do proceso comunicativo social,  o único que pode contribuir ó desenvolvemento dun espíritu crítico nos nosos alumnos. Como se desenvolve este espíritu? Pois mediante a utilización de todo tipo de ferramentas comunicativas, pero para nós os mestres cobran gran imporancia esas “recen chegadas” e que a gran maioría de mestres coñece pero non sabe utilizar (enlace a El País).

E Google Wave que?

google_waveGoogle Wave nada, non importa o que faga. Que máis da que utilice os millóns de frases que existen na web para suxerirche a mellor opción cando non recoñece o que escribes/dis? É unha máquina? Pois poderá ser unha máquina, pero detecta que estás a escribir “vaca” (animal) con “b” e diche: millóns de usuario escriben esta “baca” con “v”, queres facelo ti con “b”, porque ó mellor estás a planificar unha actividade para que os teus alumnos detecten erros ortográficos e necesitas escribir “vaca” con b. Eu aí xa non me meto.

Cantas revolucións levamos xa? A cantas lle fixemos caso?

Continuamos…

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*