Crise educativa?

Comparte!

“A esperanza constitúese na necesidade de imaxinar un mundo alternativo e imaxinalo de tal xeito que un se capacite para actuar no presente como se a alternativa xa comezara a emerxer”
(Simon, 1992, 4)

Estamos en crise e isto é unha realidade que ninguén pon en dúbida. A cuestión é: Por que estamos en crise agora e non hai cinco anos en pleno “boom” inmobiliario? A resposta é sinxela, pensamos en termos económicos.

Que pasaría se unha persoa pensara en termos educativos?, Debera un docente pensar en estes termos? Imaxinemos por un momento a seguinte realidade:

Ata a implantación da LOXSE, os valores e crenzas do profesorado e alumnado debían quedar ó marxe do currículo. Embargantes, un cambio das dimensións que nun principio propoñía a LOXSE, implicaba unha verdadeira transformación en tódalas ordes da vida escolar, pero diversos condicionamento e a presión dunha cultura tecnocrática con valores implícitos de competitividade, individualismo, sexismo… deixaron a Reforma nunha modificación de termos, metodoloxías e enfoques, sen verdadeiramente transformar o sistema educativo baixo o criterio xeral da explicitación de valores e do conflito que conleva, para propoñer unha cultura escolar que tivera como eixo fundamental a humanización do individuo” (Bosch Caballero)

mafalda4up

Dende cando estamos en crise? Entre tanto non deixemos de dar por bo que “estar en crise” é igual que “estar en crise económica” continuaremos xustificando o poder dos cartos, a competitividade, o individualismo, e en definitiva a desigualdade.

O sistema educativa fai tempo que está en crise, de feito este estado é inherente ó feito educativo. De tódolos xeitos é preciso recoñecela para estar en “disposición de actuar”. Exactamente igual que necesitamos que os nosos alumnos estén en “disposición para aprender”.

“A esperanza constitúese na necesidade de imaxinar un mundo alternativo e imaxinalo de tal xeito que un se capacite para actuar no presente como se a alternativa xa comezara a emerxer”
(Simon, 1992, 4)

Saludos,

4 de Noviembre de 2010

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*