A complexidade do SCORM para un docente.

Comparte!

A especificación de estandarización máis importante, no que a construción de recursos educativos se refire, é a denominada SCORM (do inglés Sharable Content Object Reference Model). Trátase dun conxunto de normas técnicas deseñadas e sostidas por ADL que pretende definir o formato técnico dos paquetes educativos para satisfacer os seguintes requirimentos:

  • Accesibilidade: Capacidade para acceder ós recursos a través dun navegador web.
  • Adaptabilidade: Posibilidade de modificar o recursos en base ás necesidades educativas
  • Durabilidade: Capacidade de resistir a evolución tecnolóxica sin perda das funcionalidades inicialmente deseñadas no recurso.
  • Interoperabilidade: Capacidade do recurso a ser manexado con diferentes ferramentas.
  • Reusabilidade: flexibilidade para poder utilizar os recursos en múltiples contextos e aplicacións.

Co fin de favorecer a creación de recursos para a formación en liña ADL colabora con outras organizacións que a día de hoxe están integradas na norma SCORM. O conxunto de especificacións resultantes agrúpase en tres temas principais:

  1. Modelo de agregación de contidos: Trátase de unha serie de etiquetas que acompañan ó propio recurso SCORM e que fan a relación a múltiples características do obxecto de aprendizaxe, nivel ó que vai destinado, área da que trata, tipo de recurso, etc. O conxunto de etiquetas deseñado internacionalmente denomínase LOM e a súa concreción en España LOM-ES.
  2. Entorno de execución: Son o conxunto de especificacións que fan posible a comunicación entre o paquete educativo e unha plataforma de xestión da aprendizaxe (LMS) como por exemplo é Moodle.
  3. Secuenciación e navegación: Descríbese, a través deste conxunto de especificacións técnicas, a orde na presentación dos contidos e o tipo de navegación. Neste apartado é onde radica a diferencia entre SCORM 1.2 e SCORM 2004, sendo menos problemática para a súa integración con Moodle a 1.2.

A complexidade do SCORM tal e como está definido o estándar ven pola dificultade na creación dos paquetes, xa que son necesarios coñecementos mínimos de programación tanto para o seu empaquetado, como para a súa modificación. Así, isto convértese nun atranco para que docentes poidan construír os seus recursos acolléndose ó estandar, ou para modificar recursos atopados na rede e modificalos. Para salvar este obstáculo a comunidade crea as denominadas “Ferramentas de Autor” que guían ó docente no proceso de creación do recurso. Unha vez elaborado pódese exportar en diferentes formatos entre o que se atopa o SCORM.

Para favorecer que o destinatario que recibe o recurso educativo ten posibilidade de modificalo e adaptalo ó seu modelo metodolóxico é necesario que dispoña do proxecto orixinal que ven a ser o arquivo orixinal sen empaquetar da propia ferramenta de autor. As ferramentas de autor máis coñecidos e utilizadas son:

É curioso comprobar como un estandar técnico destinado á creación de recursos educativos non inclúe nas súas especificacións elementos que faciliten a creación e modificación dos mesmos recursos por usuarios sen coñecementos técnicos importantes como son o propio colectivo de docentes.

Creative Commons License

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

8 thoughts on “A complexidade do SCORM para un docente.

  1. He estado buscando, junto a un grupo de colaboradores, ‘esa’ herramienta idónea para generar SCORM 2004 e incluirlo en Moodle. Parece que la elegida será Xerte, código abierto:
    http://www.nottingham.ac.uk/xerte/
    Tiene versión tipo aplicación estática curiosamente sólo para sistemas privativos y, el que hemos probado, una versión web para entornos LAMP que propicia la colaboración.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    1. Ok! moitas gracias Roberto! Probáchedes as funcións indicadas na incidencia http://tracker.moodle.org/browse/MDL-7068? Nós tivemos que relizar unhas especificacións corporativas sobre a versión de SCORM que aceptabamos para integrar os materiais nos Moodle dos centros. Decidimos recomendar a 1.2 porque non ten incidencias asociadas. Ata onde chegamos cando realizamos o estudo é que para resolver o problema da integración de SCORM 2004 Moodle recomendaba unha opción privativa na nube e como Webs Dinámcias é 100% Software Libre! recomendamos a 1.2. con posibilidade de que fora a 2004 sempre que estivera garantido o funcionamento nun Moodle 1.8.5 e superiores.
      Apunto a aplicación para estudala 😉

      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0 (from 0 votes)
  2. Quixera abrir un pequeno debate (e igual este non é o sitio) sobre os obxectos de aprendizaxe e as plataformas de ensino en rede.
    Por unha banda penso que hai unha inclinación cara o uso de SCORM que en moitas ocasións non é necesaria. De non ser obligatorio eu son partidario, por exemplo, de usar IMS cando non se precisan crear actividades avaliables e separar así os contidos/recursos da súa avaliación.
    E pola outra tamén creo que hai unha excesiva dependencia de Moodle, que sen lle querer quitar a súa importancia, oculta alternativas bastante decentes como efront que son compatibles, de ser preciso, con SCORM 2004 ou Chamilo que está avanzando moito nos últimos meses.
    Como comentario final, existe unha alternativa “manual” para converter SCORM 1.2 a 2004 mediante a ferramenta libscorm.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  3. Boas dorfun, polo que eu teño entendido as especificacións IMS están recollidas no estándar SCORM. En relación á avaliación é preciso definir que esta non ten que ser necesariamente sumativa por parte do docente, senón que pode tratarse de autoavaliación por parte do alumno que se cadra é máis importante que a primeira. Outra das ventaxas que ten o SCORM sobre o IMS é a posibilidade de que a plataforma recorde en que parte do paquete o alumno deixou a actividade, coa finalidade de que el mesmo poida retomala en outro momento. De tódolos xeitos supoño que para gustos cores, e está claro que nos une máis do que nos separa.
    Finalmente e para rematar, persoalmente aposto firmemente por Moodle xa que é o LMS máis completo e estable soportado pola comunidade (GPL). Polo que estiven a ver, efront (OpenSource) está soportado por unha empresa que comercializa con dúas versións máis de tipo comercial. A nivel de durabilidade considero que o valor que a comunidade lle da a Moodle é moi superior que o que unha única empresa lle poda ofrecer a efront. Moitas gracias polo teu comentario compañeiro.

    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  4. Ola Pablo, eXeLEarning e a ferramenta escollida polo Ministerio de Educación para fomentar o uso do SCORM. Seguro que xa estás o tanto da nova versión que sacaron fai pouco.

    Eu daríame cun ‘canto nos dentes’ se os docentes montaran os seus materiais cun eXe e exportaran a SCORM, para poder empregalo no Moodle, sería una gran paso para a comunidade e para o cambio de paradigma docente. Logo, se alguén quere comenzar a programar, hai tempo que lin sobre a ferramenta Trident pero era de pago.

    Seguro que xa os coñeces pero deixote un par de enlaces :

    Video : desmitificando SCORM http://vodpod.com/watch/5960273-scorm-demystified?u=carpaga&c=e-coleccion

    Repositorio de obxectos de aprendizaxe : http://www.proxectodesire.eu

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    1. Totalmente de acordo contigo, por iso a idea de un módulo de Drupal que cubra determinadas etiquetas LOM no proceso de subida de obxectos de aprendizaxe a un repositorio, como tendes no Proxecto Desire de FOREM pareceume brillante! Trátase de atopar o equilibrio…

      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0 (from 0 votes)
  5. Después de mucho buscar lo encuentro

    “Es curioso comprobar como un estandar técnico destinado a la creación de recursos educativos no incluye en sus espcificaciones elementos que faciliten la creación y modificación de los mismos recursos por usuarios sin conocimientos técnicos importantes, como lo son el gran colectivo de docentes”
    Me has leído la necesidad. Examino varias plataformas educativas, sencillas-complejas, pero al final quiero la portabilidad de los recursos de autor hechos con hotpotatoes, jclic, lim… y no veo su integración. Agradezco cualquier ayuda.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  6. Hola Francisco, ¿a que te refieres con “no veo su integración”? Las herramientas que comentas exportan en SCORM. ¿a la integración de estas con Moodle?

    Añadiría a tu lista de aplicaciones eXeLearning y Ardora :)

    un saludo :)

    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*