Materiais Educativos e Fontes Abertas: Unha pequena mostra dun gran proxecto

Comparte!

Boas compañeiros,

escuela publica

Con motivo da paulatina introdución das TIC nas aulas, estase a engadir a palabra “dixital” a conceptos ós que estabamos afeitos a utilizar no ámbito do noso traballo. Pero chega con engadir o apelido “dixital”? As ideas deben ser adaptadas para atoparlle cabida dentro dunha práctica na que están presentes as TIC.

Como en tódolos cambios profundos, como o que estamos a vivir, é preciso facer unha análise maior e cuestionarse determinados elementos que inicialmente é máis sinxelo interiorizar tal e como aparecen presentados. Para explicar rapidamente o que quero dicir necesito que prestemos un segundo atención a catro conceptos básicos:

  • Dous modelos de docente con un continuo entre un e outro onde nos atopariamos a gran maioría de nós e onde poderiamos atopar o equilibrio:
    • 1A) Docente executor de plans educativos: trátase do perfil de profesor que basea a súa práctica educativa en propostas curriculares desenvoltas por terceiras persoas.
    • 2A) Docente puramente creador (planificador): trátase do profesor que basea a súa práctica educativa nunha proposta curricular propia (loxicamente o concepto indicase para dar a entender a idea pero seguramente non exista ningún docente que non utilice ningún tipo de material xa elaborados)
  • Dous modelos de proposta curricular:
    • 1B) Pechada e ríxida: Son aquelas propostas xa elaboradas que chegan ás nosas mans sen posibilidade de ser modificadas e, en consecuencia, non poden ser adaptadas ás diferentes necesidades dos nosos alumnos.
    • 2B) Aberta e flexible: Son aquelas propostas que elaboramos nós ou son elaboradas por outros pero que, pola metodoloxía pola que foron creadas, é posible a súa modificación co fin de seren adaptadas ás diferencias dos nosos alumnos (principio educativo de atención á diversidade que, a nivel planificación, é garantido a través dos niveis de concreción curricular).

No mundo educativo puramente analóxico (hai dez anos¿?), cando as únicas formas de distribuír unha proposta pedagóxica era a edición en soporte papel (con todas as implicacións intermediarias que esta estrutura implica), a existencia e esaxeración no uso dos libros de texto podía estar “xustificada”, aínda que eu non a xustificaría nunca. Loxicamente, como non se podía editar un libro de texto para cada provincia, ou centro pertencente a un concello, necesariamente as propostas curriculares que chegaban (e chegan) ás nosas mans son do tipo “1B) Pechadas e ríxidas”. Sen darnos conta esta realidade facilitou moito a nosa conversión dentro do continuo de “2A) Docentes planificadores” a “1A) Docentes executores”.

Do soporte papel ó soporte dixital

Se a razón da existencia dos libros de texto era a edición e distribución en soporte papel das propostas curriculares, desaparecido este tipo de soporte e substituído polo soporte dixital, amósase a clara oportunidade de desfacernos dos límites que representan o uso excesivo dunha proposta curricular que, pola súa natureza, é totalmente pechada. Debemos continuar dando por boa a existencia de este tipo de propostas curriculares que favorecen a continuación e desenvolvemento do perfil docente puramente executor? Vou repetir esta última pregunta: Debemos continuar dando por boa a existencia de “libros de texto dixitais” que favorecen o desenvolvemento de perfiles docentes puramente executores?

Na cor gris podemos atopar a solución. Non se trata de que os docentes que ata agora utilizaban os libros de texto tradicionais de súpeto, deseñen tódolos materiais cos que vai ter que traballar na aula. Trátase de que aproveitando o potencial da tecnoloxía, identifiquemos aqueles elementos que, sen renunciar a dispoñer de unha proposta curricular xa elaborada, esta sexa “2b) Aberta e flexible”. Así poderemos realizar pequenas modificacións sobre a proposta sen un excesivo esforzo que nos permita garantir a adecuación das metodoloxías ás características individuais dos nosos alumnos, favorecendo en gran medida a consecución do máis esperado: a aprendizaxe dos futuros cidadáns.

A concreción

O camiño ideal para chegar a esta situación sería dispoñer de potentes estruturas de colaboración docente co fin de compartir materiais educativos, dende algo extremadamente simple como unha imaxe, ata algo extraordinariamente complexo como unha proposta curricular completa (Programa de Formación segundo esa cousa rara que se chama LOM-ES). Pouco a pouco conseguiramos as propostas curriculares que necesitamos.

A rodaxe de un proceso como o descrito levaría tanto tempo que é necesario que alguén (e aquí sinalo á administración pública) dea o pistoletazo de saída e impulse a creación dos primeiros materiais. Un proxecto así comezou xa hai máis de dous anos en Andalucía da man de Aníbal de la Torre (@anibaldelatorre) poñendo a disposicióno pública as fontes dos Materiais de Bacharelato Online.

cedec_presentacion

Seguramente existen máis proxectos similares que non coñezo, pero un que me gusta especialmente é o que hai poucos días publicaron os compañeiros do CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios) dependente do ITE (Ministerio de Educación). Trátase de unha mostra de catro unidades didácticas para Matemáticas de 3º da ESO e tres para Lingua Castelá..

Os enlaces para acceder a estes materiais son os seguintes:

Tamén podedes ver o video presentación dos materiais no III Congreso Escuela 2.0.

Fuente de los BañosCoñecín este proxecto e ó seu coordinador Antonio Monje (@antoniomonjef) ó que dende aquí envío as miñas felicitacións, no III Congreso Escuela 2.0 que tivo lugar en Granada a principios deste mes de Outubro. O certo é que ten tódolos compoñentes para desfrutar vendo como se desenvolve:

  1. Respecta os principios legais de colaboración entre usuarios xa que os materiais están licenciados con Creative Commons Attribution Share Alike 3.0 License
  2. Respecta os principios técnicos de accesibilidade, adaptabilidade, durabilidade, interoperabilidade e reusabilidade que deben ter os recursos educativos para garantir a conservación do esforzo docente.
  3. O acceso ás fontes está incluíndo no mesmo recurso educativo a través dun enlace ás mesmas, dándolle así un protagonismo especial como parte importante do proxecto.
  4. A ferramenta elixida para o desenvolvemento utiliza a Licenza Pública Xeral (GPL), o que garante que a súa evolución e continuidade estará suxeita a criterios de necesidades humanas e non comerciais. Trátase de eXeLearning.

Dende aquí, expoño que parece incrible que moitas comunidades continúen apostando por ferramentas privativas para a elaboración de recursos educativos que, en definitiva, ó único que contribúen é a desenvolver habilidades no profesorado que quedan asociadas a unha única marca e polo tanto ó pago de licenzas, que como a natureza do termo indica teñen data de caducidade.

Felicidades ó CEDEC, e especialmente a Antonio Monje.

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

3 thoughts on “Materiais Educativos e Fontes Abertas: Unha pequena mostra dun gran proxecto

  1. Moi interesante a túa reflexión, Pablo.
    Hai unha cousa na que, modestamente, discrepo. Ten que ver coa dirección na que propós que se faga o traballo. Desde o meu modesto punto de vista as cousas teñen que facerse desde a base e cara arriba, e non deben ser impulsadas nunca desde arriba. Por este motivo penso que é fundamental a asociación do profesorado en lugares como “redeiras”, nos que podemos colaborar e impulsar proxectos baseados na realidade dos centros e das aulas da que, ás veces, se atopa tan alonxadas as autoridades educativas.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  2. Boas Pablo,

    Estou dacordo no que dis pero: porque desistir en que un proxecto corporativo poida satisfacer as necesidades da base? Penso un proxecto corporativo de éxito (relacionado coa creación de recursos educativos) pode ser aquel que posibilita que, se o día da mañá a administración educativa fai que desapareza, cada quen ten a posibilidade de aproveitar o traballo feito e, incluso, replicar o mesmo proxecto como 100% de base (o poder positivo da copia).

    Exemplo: Redeiras. Feita en Software Libre que se chama ELGG. O feito de ser corporativa permite a súa conexión co directorio de datos oficiais do profesorado (LDAP), de xeito que non é necesario o rexistro para poder participar, un simple xesto de identificación basta. O profesorado pode chegar a desenvolver habilidades que, o día que Redeiras desapareza (idea que non me quero imaxinar ;), poderá continuar aplicando en outra rede de moi similares características.

    Outro exemplo: un respositorio de recursos educativos abertos, onde incluso se puidera chegar a liberar a propia ferramenta coa que se constrúe o repositorio, daría a posibilidade que ese mesmo proxecto se puidera continuar desenvolvendo aínda cando o encargado de lanzalo e lideralo durante un tempo desaparecera.

    Quero dicir Pablo que discrepo no “nunca desde arriba”, se por arriba entendemos proxectos corporativos copyleft con compromiso coas necesidades dos centros, dos docentes e dos alumnos…

    En todo caso tamén penso que é fundamental a asociación do profesorado xa que as estruturas distribuídas son moito máis seguras que as piramidais (que llo digan a internet e a megaupload…)

    Por certo, que xenial que comece a aparecer o nome “Redeiras” en debates educativos ciscados na rede coma este 😉

    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*