Ferramentas de autor: Cuadernia baseada en Flash

Comparte!

Cuadernia é Flash, para o bo e para o malo, é Flash.

A selección das ferramentas tecnolóxicas (como tódalas ferramentas) supoñen un condicionante sobre o uso que posteriormente se vai a facer de elas. Ademáis en educación, a concepción educativa (si é que se ten) tamén resulta un condicionante sobre o uso.

Cuadernia é unha ferramenta de autor baseada na tecnoloxía Flash, o que implica que as producións que o profesorado realice con esta ferramenta tamén deberán utilizar esta tecnoloxía. Pero, cal é a realidade de Flash no momento actual?

Adobe, empresa propietaria de Flash, xa anunciou o abandono do desenvolvemento do soporte flash para móbiles Exclusive: Adobe ceases development on mobile browser Flash, refocuses efforts on HTML5. Apple xa evitou dende o comezo Flash nos seus dispositivos, e a Android non lle saíu ben a experiencia. A realidade é clara: Flash morreu como imos ver.

Enrique Dans na súa entrada de blog, de moi recomendada lectura, Adiós a Flash en dispositivos móviles comenta:

El anuncio de Adobe, planteado como un cambio de estrategia y acompañado de despidos masivos, deja ya lugar a pocas dudas: el desarrollo en Flash para páginas web ha muerto, víctima de la ubicuidad de la internet móvil. A partir de ahora, Flash será una plataforma para desarrollo de aplicaciones que, convenientemente empaquetadas en un contenedor multiplataforma, puedan ser distribuidas en las diferentes tiendas de aplicaciones, y Adobe se dedicará, entre otras cosas, al desarrollo de herramientas de desarrollo sobre HTML5. Es lo que hay. El desarrollo web mediante Flash queda convertido en el símbolo de una época, de una etapa de transición que se termina. Pasemos página.

Seguramente a pouco que busquedes na rede comprobaredes que o futuro non se escribe con Flash, que exemplos de traballo e gran recoñecemento como Vedoque.com xa anuncian nas súas páxinas a necesidade de pensar en HTML5 para os proxectos de calado. Como eles mesmo indican “La aparición de las tabletas, la muy comentada prohibición de Flash en Iphone/Ipad, los smartphones, la aparición del estándar HTML5,… nos empujan a realizar juegos en algo que no sea Flash“.

Criterios técnicos de importancia a ter en conta empapan este tipo de decisións, como por exemplo o seguinte:

Flash, debido a su naturaleza es un ávido consumidor de CPU, algo que los usuarios notan perfectamente cuando visitan páginas con elementos Flash incrustados: el consumo del procesador aumenta y en ocasiones el resto de aplicaciones sufren las consecuencias.
(…)
A esto hay que añadir que las últimas versiones han sido muy criticadas por venir plagadas de bugs y pequeños fallos que hacían que el navegador se “rompiera” y hubiera que reiniciarlo.
(…)
La decisión de Adobe puede entenderse de muchas formas, pero lo que queda claro es que reconocen haber sido superados por el HTML5, que es más universal y funciona sin problemas en todas las plataformas móviles además de en los sistemas operativos tradicionales.
Atopado en: http://www.rtve.es/noticias/20111110/adobe-flash-se-rinde-ante-html5-abandona-dispositivos-moviles/474520.shtml

 Flash-vs-InternetOutras referencias que podedes consultar sobre Flash son:

Cuadernia e o Software Libre

Cuadernia non é Software Libre. O seu uso está restrinxido a unha cuestión contractual de licenciamento privado, polo que os recursos educativos realizados con esta plataforma dependen do mesmo entorno de software para poder ser editados/actualizados/mellorados/adaptados… Comparándoo coa música, é como se tiveramos nas mans unha marabillosa partitura composta por un compañeiro que amablemente nos cede para interpretar cos nosos alumnos. A partitura está adaptada aos seus alumnos, aos seus instrumentos e, aínda que a el non lle importante, non temos capacidade de adaptación sobre a mesma imposibilitando o seu uso.

Cuadernia e os equipos con GNU/Linux

Cuadernia non está soportada na súa versión en Local para equipos con sistemas baseados en software libre como GNU/Linux. Aínda que nos foros de algún blogue (1,2) se pode atopar que se pode executar con Wine, a súa estabilidade en estes sistemas está por demostrar e artéllase complicada. En todo caso Cuadernia é unha aplicación dependente do sistema operativo o que a afasta da ansiada “multiplataforma” que deben cumprir tódalas aplicacións de usuario.

Cuadernia e os formatos ofimáticos

No seu manual oficial (4) indícase no seu apartado “Botón administración de Galerías de Objetos” a súa única compatibilidade con arquivos da suite ofimática privativa Microsoft Office. Debemos recordar que os centros educativos públicos galegos non dispoñen de licenza desta suite dende a súa versión 2003:

Si ha utilizado cualquiera de las versiones anteriores de Cuadernia habrá observado que hemos incluido un nuevo tipo de galeria de objetos, le hemos denominado galería de recursos y está destinada a almacenar todos aquellos archivos que no siendo cuadernos cuadernia se quieran distribu ir junto al cuaderno y ser visual izado mediante una ventana emergente tras hacer clie sobre el enlace correspondiente. Los formatos de archivo permitidos son ficheros de word , excel , powerpoint y pdf

Referencias:

(1) http://www.educacontic.es/blog/cuadernia#comment-415
(2) http://www.educacontic.es/blog/actividades-educativas-si-no-las-encuentras-crealas#comment-3118
(3) http://profeblog.es/blog/recursospdi/2011/01/30/generador-online-de-cuadernia-2-0/
(4) http://www.educa.jccm.es/educa-jccm/cm/recursos/urlContent?contentPK=SGFzaE1hcDoiYWxpYXMiOiJyZWN1cnNvcyI6ImlkQ29udGVudCI6IjcxNTQyIg..&locale=es_ES&textOnly=false

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*