Filetea, compartición volátil de arquivos

Comparte!

Hoxe, falando con Chema Casanova (@txenoo) polo chat pasoume un enlace de descarga dun arquivo duns… 180Mb. Todo normal, continuamos falando, conversas varias e interesantes, coma sempre. Nun determinado intre Chema coméntame que, como xa descarguei o arquivo, pode pechar o navegador. Iso sonoume estraño, como sabía el que xa rematara a descarga? a que se refería con que xa podía pechar o navegador?

Loxicamente, pregunteille e xa mo dixo: Filetea

fileteaA raíz de aí comecei a preguntarlle sen parar (perdoa!;), vin que aquela conversa era máis unha entrevista, que unha conversa normal dun día normal. Eu a preguntar e Chema a respostar. Lina de arriba a baixo e, con moi poucos cambios, quedaba unha especie de interesante entrevista improvisada que compartimos con vós:

Só dicir que, cando os meus compañeiros o viron, rapidamente lle viron o potencial educativo. Valorarémolo para algunha evolución do servidor de centro…

Que é FileTea?

  • FileTea permite compartir arquivos en tempo real de navegador a navegador, directamente.
  • É cómodo para compartir cousas en tempo real
  • Non é preciso esperar a subilo para compartir o enlace, xa que nunca se sobe ao servidor.
  • Iso si, se pechas a pestana do navegador, xa non se comparte o arquivo
  • E unha forma rápida de compartir sen andar con líos de subir a unha web ou un ftp ou enviar un mail. Só en tempo real

Como funciona FileTea?

Finamente tes sempre un túnel: navegador – servidor – navegador, e o servidor fai de enlace das conexións dos navegadores polo que todo acaba pasando por él.

Pero, como é que pasan os arquivos polo servidor?

Pasan dunha forma virtual, nunca está o arquivo completo, só o buffer entre o enviado e o recibido. Digamos que o servidor e unha cañería na que caben só 256k, por exemplo.
Se non se descargan polo cliente, o navegador que sobe non pode subir máis, e cando un descarga eliminase do servidor para facer oco para o seguinte a subir.
Emprega as novas capacidades que permite o HTML5, polo que so funciona en navegadores modernos e que cumpran cos estándares.

Onde podo utilizar FileTea?

FileTea é Software Libre (AGPL) polo que podes instalala no teu servidor.
Se queres probala, podes utilizar a actual versión en http://filetea.me

Xa, pedinlle permiso para publicar a conversa e aquí está. A que mola? Se tendes un momento, botádelle un ollo á súa política de privacidade: Filetea Privacy Policy

Para saber máis de FileTea

Sobre a aplicación:

Artigos publicados:

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*