Recuperar un DELL D820 que arde!

Comparte!

Boas compañeiros,

Os que sodes docentes en centros educativos públicos galegos sabedes que hai uns anos (máis de cinco) fíxose unha dotación importante de equipamento de portátiles Dell, concretamente o modelo Latitude D820 [1]. Estes portátiles, de moi boas prestacións aínda hoxe, teñen o mesmo problema que tódolos portátiles e PCs, que se quentan e se quentan, comezan a facer ruído ata que chega un día en que deixan de funcionar e, por norma xeral, deixámolos apartados.

A min pasoume hai pouco chegando un momento no case non era quen de manter a man pegada a certas partes do equipo.

Parece que os portátiles, ao igual que os coches, quéntanse polo que é necesario un sistema de refrixeración para o seu correcto funcionamento. Por norma xeral, o que teñen é un disipador de calor con un ventilador que expulsa o aire quente do interior da máquine para mantela o máis fría posible. Que soemos facer? pois eu escoitei de todo, pero o máis normal e levantar a base do portátil para tentar manter algo máis frío o equipo e así evitar que se apague, ou que aumente algo o seu rendemento

A non ser que o equipo teñan algún tipo de desperfecto (que nos caso de este equipamento concreto non é o máis frecuente) trátase dunha acumulación de polvo na parte interior do disipador que evita a renovación do aire coa consecuente falta de refrixeración e sobrequentamento do procesador, o que conleva perda de rendemento ou incluso o seu apagado involuntario.

Como podemos solucionalo?

O proceso non é precisamente sinxelo, pero si o fixen eu que non teño coñecementos de hardware quere dicir que é moi posible. En todo caso non se trata de que o fagamos nós, seguramente todos temos algún amigo ou amiga que lle gusta montar e desmontar trebellos, co que con isto vai pasar un bo rato. Aínda lle facedes un favor.

Precisamos:

  • Un desparafusador de estrella de precisión
  • Unha cámara de fotos (non viría mal)
  • Un folio onde poidamos ir pegando os tornillos sobre un esquema de andar por casa, para evitar que no momento de montalo nos sobren.
  • Outro equipo con conexión a internet para ir consultando o manual
  • Dúas horas de traballo
  • Paciencia e coidado.

Non pretendo con este artigo describir todo o procedemento, xa que afortunadamente témolo recollido en dell.com co título “Processor Thermal-Cooling Assambly” [2]. Quen se vaia a encargar de facelo terá que prestar boa atención ao manual, xa que previamente á retirada do disipador, compre retirar algunha que outra peza.

Para comezar desmontaremos a tapa superior do teclado desenchufando o bluethooth [3]. Con moito coidado retiraremos o teclado tirando sen medo da presilla que o une á placa base. Chega aquí un dos momentos máis complexos, a retirada do monitor. É moi importante facelo con coidado para non estragar ningunha peza, o detalle témolo na seguinte imaxe. Debemos ter coidado cando o montemos de novo e deixar tódalas presillas ben conectadas.

Xunto coa desconexión do monitor, o outro elemento de relativa complicación, é a desconexión da tarxeta wifi que, como podemos ver na imaxe, está composta por dous conetores que van a presión (tirar sen medo) e dúas puntas de antena que se integran no propio monitor. Seguindo a páxina de Dell [4] pode levar a confusión e considerar que é necesario desmontar a pantalla do monitor (display) para retirar a antena wifi, pero non, non o fagades que non é preciso. Podedes ver como debe quedar ben montadiño o monitor na imaxe da esquerda.

A continuación podemos proceder a desmontar a base do portátil seguindo as instrución [5]. Unha vez teñades o equipo no seguinte estado xa podedes proceder a retirar o disipador e, se o equipo foi utilizado como é debido, debera ter unha boa cantidade de polvo acumulado.

Hai un par de meses eu fixen isto e atopei o seguinte:

Só temos agora que limpalo, recoméndase facelo soprando un pouco coa boca. Non introducir no lava-vaixelas.

É posible que teñamos algún portátil coma este ao que, despois de darlle bastante uso, retiramos a un armario do centro. Unha limpeza a tempo complementada con un aumento de RAM e o equipo como novo!

Enlaces:

[1] http://www.dell.com/downloads/la/pdf/spec_latit_d820_es.pdf
[2] http://support.dell.com/support/edocs/systems/latd820/en/sm/cpucool.htm#wp1084976
[3] http://support.euro.dell.com/support/edocs/systems/latd820/en/sm/hingecvr.htm#wp1111212
[4] http://support.euro.dell.com/support/edocs/systems/latd820/en/sm/display.htm#wp1105347
[5] http://support.euro.dell.com/support/edocs/systems/latd820/en/sm/palmrest.htm#wp1084976

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*