Consumir preferentemente antes de…. Produto reciclable.

Comparte!

Moitas veces comezo: “Non existe tecnoloxía dixital”. Imaxino así o mundo, logo póñolla e o instrumental nas relacións muda paulatinamente, o seu tipo, pero non o básico que dura e permanece. É, cando isto tembla en exceso, cando volvemos recuperar. Agora ben, romper que? porque unha cousa é ser, outra parecer e outra querer ser.

Volvendo ao discurso entendible, en pedagoxía traballamos con obxectivos abertos e flexibles, os xerais, e para chegar a eles temos ferramentas básicas como os contidos conceptuais, os actitudinais, os procedimentais… A estes hai que sumarlle outros de gran interese como a a avaliación, que non deixa de ser observación e metodoxía. En definitiva, un conxunto relacionado de elementos.

Imaxe "A crazy Day" de dominio público

É posible, non o sei, que se estea a abusar dos contidos conceptuais e traballando con un compendio de ferramentas ríxidas sobre algo que precisa estratexias abertas e flexibles, estamos a cumprir coa xustiza da adaptación metodolóxica? Traballamos con persoas e pechar é sinónimo de “enfacilizar”, palabra que non existe e da que resulta un espellismo que nunca se vai converter en realidade; non sei se darei conseguido facilitar a través da “enfacilitación”, esta é sinónimo de “idiotización”, que seguro tampouco existe, mellor.

Os contidos, así como na súa parte prescritiva pretenden ser unha ferramenta de concreción curricular para garantir o acceso á educación mínima, son utilizados en exceso e, se ben pode ser de xeito non intencionado, isto coarta a capacidade de actuar do alumno e do propio profesor.

Estaremos a trasladar esa obsesión polos contidos á nova realidade dixital?

Eu opto por analizar a realidade na súa globalidade, e sobre o concreto que contradiga a nosa concepción pedagóxica global desfagámonos del, “cual” navegante que solta lastre. Que ben se sente un cando tira algo que non precisa!

Licenza: CC-BY (vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*