Metodoloxía Copyleft en Educación: Creative Commons e fontes abertas

Comparte!

Moito temos discutido e reflexionado o meu compañeiro Xosé Luís Barreiro e máis eu sobre educación, tecnoloxía, software libre, licenzas abertas, proxectos TIC, sociedade da información… pouco a pouco tentamos construír unha especie de pensamento global que nos dera resposta (a nós 😉 a moitos dos conflitos que actualmente están a sacudir á sociedade no seu conxunto, e á educación en particular.

Eu tiven a sorte de dar con el, que me introduciu de cheo no mundo do Software Libre. Nese mundo tecnolóxico, inicialmente a través do Proxecto Webs Dinámicas [1] como medio vehicular, comprendimos todos os beneficios que ten unha comunidade colaborativa que traballa por un ben común, o de conseguir a mellor aplicación para todos.

Posteriormente demos coas Licenzas Creative Commons, e cometimos o marabilloso erro de utilizar o condicionante “Non Comercial”. Marabilloso porque se non nos acercaramos non poderiamos cometer dito erro ;). A cuestión, continuamos reflexionando, ata dar con un nexo común que podía chegar a dar resposta dende un punto de vista global a todo aquelo que nós considerabamos positivo. Estamos a falar do pro-común, que se concreta no software coas licenzas de software libre e nos contidos creativos coas licenzas Creative Commons. Ao final, é o mesmo con concrecións moi similares.

Así pois, comezamos a investigar sobre pro-común, dereitos de autor, a duración dos dereitos de autor, lei de propiedade intelectual, licenzas, opensource, etc… e concretamos nun título “Metodoloxía Copyleft en Educación”.

Esta metodoloxía estrutúrase en dúas grandes vertentes:

  • A posibilidade legal que temos os usuarios de utilizar, distribuír, mellorar as obras creativas de xeito legal, o que serían as licenzas libres.
  • A posibilidade técnica que temos os usuarios de utilizar, distribuír, mellorar as obras creativas de xeito práctico, o que serían as fontes abertas.

En algún momento melloraremos os materiais que en torno a este discurso temos elaborados, pero polo de pronto deixámosvos aquí o acceso a un espazo en desenvolvemento que poderedes descargar como curso para importar nas vosas aulas virtuais Moodle.

Metodoloxía Copyleft en Educación

Licenza: CC-BY (vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución)

[1] http://www.edu.xunta.es/centros/websdinamicas

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

5 thoughts on “Metodoloxía Copyleft en Educación: Creative Commons e fontes abertas

  1. Un proxecto ambicioso!!!… todo o que poidamos compartir, e intercambiar na nosa lingua, e mellorar a nosa competencia dixital…benvido sexa!!!.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    1. Moitas grazas Susana! a “cousa” esta é ambiciosa porque roza o idealismo e utopía, pero as ilusións dan pé a marcar os pequenos pasos 😉 saúdiños e vémonos na rede 😉

      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0 (from 0 votes)
  2. Bo material! Compartimos

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
    1. Moitas Grazas compañeiros! alégrome que vos guste, moito ánimo co voso portal!

      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
      VN:F [1.9.22_1171]
      Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*