Competencia dixital do profesorado: comezamos módulo

Comparte!

Da man dos compañeiros do departamento TIC do CAFI este curso 2012/2013 puxéronse en marcha os cursos asociados aos cinco niveis de competencia dixital do profesorado [2]. O gran logro, dende o meu punto de vista, foi dar unha ferramenta na que os docentes poden autoavaliar o seu nivel de competencia e matricularse nun curso especificamente deseñado ao seu nivel.

competencia_tic

Xunto con José Manuel Bouzán Matanza, Francisco Javier Macías Puente e Rafael Sánchez-Agustino Rodríguez, elaboramos os materiais para o curso asociado ao nivel avanzado [3]. O curso completo de 100 horas está dividido en 8 módulos, e os contidos dos que me tiven responsabilizar levan por título “Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula TIC. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico“. Nesta semana comezo, xunto ao meu gran compañeiro Ricardo Feijoo, a súa titorización.

Anímome a escribir estas pequenas liñas de blog porque contamos coa experiencia positiva de titorizar este mesmo módulo noutra edición do curso o pasado mes de Xaneiro, nesa estrea acompañado polo tamén super-mega compañeiro Félix Díaz. A experiencia deixounos un moi bo sabor de boca que espero se repita agora.

Moitas grazas ao CAFI por contar comigo nesta andaina. Seguramente pronto se publiquen todos estes materiais baixo licenza Creative Commons e poidan así ser utilizados nas diferentes actividades formativas que se desenvolven pola nosa xeografía.

De momento deixámosvos a mensaxe de presentación que elaboramos para os nosos alumnos do curso:

Boas compañeiras/os,

Acabamos de abrir o Módulo 1 (25 de Marzo ata o 14 de Abril) do curso “GXXXXXXX – Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación. Edición Abalar 2013”.

tuxeduEste consta de tres partes organizadas cada unha de elas con un elemento de contido e dúas ou tres tarefas:

  • “Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula TIC”. Neste módulo do curso veremos, dende unha perspectiva principalmente técnica, como muda a configuración das aulas. Prestaremos especial atención ao potencial educativo de cada un dos elementos e ao esforzo que nos vai a supoñer adaptarnos aos cambios para tentar obter o maior beneficio posible, en termos educativos, do uso destes elementos TIC.
  • “Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo” que viría a ser “Sistemas e Comunicacións”, que son os dous grandes titulares relacionados coa informática. Pretendemos compartir con vós, dende unha perspectiva sinxela e xeral, que son, en que partes se dividen, tentando evitar os contidos tipicamente conceptuais e específicos, coa finalidade de que poidades comprender este complexo mundo técnico. O que, de seguro, vos axudará a levarvos mellor con toda esta cantidade de cacharrada e programas.
    Os sistemas e as comunicacións teñen moito de humano, penso que quen os estivo a deseñar tentou imitar á evolución humana 😉 conseguiríano?
  • “Realización de tarefas de mantemento básico”. Que ocorre hoxe cando a tecnoloxía invade os centros? A necesidade impera e dicta que é totalmente preciso ter os equipos conectados entre si e co mundo.
    A realidade técnica é moito máis cruda, os centros educativos son a día de hoxe entornos tecnicamente hostís pola complicación que supón manter en funcionamento constante e conectado á rede unha gran cantidade de equipamento. O gran número de dispositivos que hoxe en día existen nos colexios xeran necesidades de soporte antes non contempladas.
    Tentaremos neste apartado contribuír a que vós mesmos reflexionades sobre diferentes solucións a plantexar.

O método de avaliación non pretende servir cuantitativamente á valoración por parte nosa do traballo que realizades, senón fomentar a participación. Que como o facemos? boa pregunta!! 😉 Pois sinxelo, utilizando principalmente os foros, cada tema novo que creades como tarefa vale un máximo de 3 puntos sobre 5. Así, os comentarios son valorados todos (os aproveitables) con un 5, de xeito que cantos máis comentarios fagades mellor nota ides ter.
No noso caso tanto dá a nota xa que finalmente esperamos que acadedes todos o apto, pero o noso interese é que participades porque estamos convencidos de que é o mellor xeito de aprender. Se traballades os foros cos vosos alumnos/as pode resultar un xeito interesante de avaliar. Informaremos mellor deste tema en cada unha das tarefas.

En relación ao avatar das vosas contas en Platega vemos que xa case todos o tendes modificado, pero para aqueles que aínda non neste módulo será obrigatorio a súa modificación xa que a actividade consiste precisamente no uso dos foros. Podedes consultar máis información sobre este tema nunha mensaxe de foro anterior.

Esperamos sexa do voso agrado.

Ricardo e Pablo

[2] http://www.edu.xunta.es/web/competenciaTIC
[3] http://www.edu.xunta.es/web/node/5013

Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*