Onte vendo a Tonucci… e o venres a LOMCE no congreso.

Comparte!

frato89-maestraOnte tiven a oportunidade inesperada de ver a Francesco Tonucci en directo nunha actividade de formación en Santiago de Compostela. Do seu discurso podería extraer varias ideas, non son citas textuais xa que non tomei notas, cada unha terá parte do meu propio recordo. Tampouco están todas as que me gustan 😉

  • A importancia da educación infantil sobre calquera outra
  • O éxito escolar non garda relación co éxito na vida
  • As competencias básicas omiten unha reflexión completa por ámbitos
  • O profesorado é a clave do sistema. A lei está para os docentes que a precisan, os que non a precisan xa non a precisan
  • Ofrecemos a todos unha escola para poucos

Paréceme importante considerar a necesaria reflexión e posterior reforma sobre os tempos e os espazos educativos. Existen centros que optaron por vías deste tipo como as aulas materia, pero continúan a ser minoría e, por norma xeral, están obviados dende as estruturas de xestión.

É preciso mimar (que non minar) aos profesores/as bos, esta pode ser unha clave: mimo, moito mimo.

Entre outras citas realizadas polo profesor Tonucci chamoume a atención a seguinte:

O neno está feito de cen. O neno ten cen línguas, cen mans, cen pensamentos, cen xeitos de pensar, de xogar de falar, cen sempre cen maneiras de escoitar, de sorprenderse, de amar, cen alegrías para cantar e entender, cen mundos que descubrir, cen mundos que inventar, cen mundos que soñar. O neno ten cen linuas (e aínda máis cen cen cen) pero róubanlle noventa e nove. A escola e a cultura sepáranlle a cabeza do corpo. Dinlle: de pensar sen mans, de actuar sen cabeza, de escoitar e non falar, de entenerder sen alegría, de amar e sorprenderse só en Pascua e Nadal. Dinlle: que descubra o mundo que xa existe e de cen róubanlle noventa e nove. Dinlle: que o xogo e o traballo, a realidade e a fantasía, a ciencia e a imaxinación, o ceo e a terra, a razón e o soño, son cousas que non van xuntas. Dinlle que o cen non existe. O neno di: “pero o cen existe”.

Loris MalaguzziURL fonte

“Poder ser por toda a vida o que un máis desexa, o que corresponde coa súa natureza, a razón pola nacemos. Que non pague a pena renunciar a isto para ser o que o mercado pide”

Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY-SA)

 

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*