Creative Commons BY-SA ou GFDL?

Comparte!

Martín elaborou uns contidos sobre eXe (http://www.atio.es/pauli/) e licenciounos con unha Creative Commons BY. Nun fío de correo mantido que se iniciou por outra tema escribiamos o seguinte:

copyleft_bumper.sh-180x180Antonio (Monje) e máis eu recomendaríamosche a Creative Commons BY-SA (que permite un uso comercial) e é (das Creative Commons) a que máis encaixa co copyjustify pola súa condición de “Compartir coa mesma licenza” (SA).

A CC-BY permitiría que os teus contidos puideran ser integrados en contido “copyright”. Esta é, despois do dominio público, a máis permisiva de todas.

Posibilidade de utilizar GPL para contido creativo? A licenza GPL é de software, para documentación a Free Software Fundation ten GFDL que, a diferencia da CC-BY-SA, ten en conta a denominada “copia transparente” que ben a ser a publicación do contido con todos aqueles elementos que permitan a súa modificación (no caso de eXe sería co elp).

As veces que discutimos Antonio e máis eu este tema (e Antonio, corríxeme si me equivoco), optamos pola CC-BY-SA porque é con diferencia a licenza copyjustify máis estendida e, así como en pedagoxía temos a “zona de desenvolvemento próximo”, si solicitaramos aos profes (que moitos non saben moi ben o que é o copyright) que utilicen licenzas que obrigan á “copia transparente” podería ser excesivo e quedariamos de moi moi frikis 😉 (xa o somos en todo caso).

Quizais ese paso veña cando sexa habitual unha by-sa sin máis, verémolo.

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*