Avaliando… como profe de apoio

Comparte!

Chegado o momento final da avaliación da competencia curricular do alumnado gustaríame sinalar a  íntima relación que existe entre nivel de competencia curricular acadada e o nivel de adaptación metodolóxica adoptada polo profesor. Esta necesidade cúmprese para todo o alumnado e moi especialmente para alumnos con Adaptación Curricular. Polo tanto, toda avaliación sobre competencias curriculares que se faga sobre o alumnado, e en especial sobre alumnos con adaptación curricular, necesariamente debe levar acompañada unha profunda reflexión sobre a metodoloxía utilizada polo profesor.

ollosdeneno

Traballamos sobre sistemas vivos onde non só os alumnos son os responsables do seu éxito ou fracaso escolar. É por iso que a reflexión debe ser global e é esta, a que lle compete ó conxunto do profesorado, debera ser moito máis que calificar. Avaliar é reflexionar sobre os alumnos, sobre as o seu nivel sociocultural e como este afecta á súa evolución, sobre as características do contexto no que viven, reflexionar sobre nós  mesmos.

Nos escuchanPoderiamos dicir que na avaliación existen tres momentos importantes, o inicial, o procesual e o final. Teoricamente dánselle varios nomes, pero practicamente, e de forma xeral, podemos entender que a inicial é partir do que o alumnado sabe (ou é quen de aprender) e a procesual estar pendente da súa evolución. O momento final non necesariamente se ten que limitar a contar o que pasou, xa que o aspecto máis importante desta avaliación final son as decisións ou orientación que, baseadas no ocorrido, terán implicación no futuro académico dos alumnos.

Partindo da controvertida figura profesional do profesorado de apoio dentro da aula ordinaria non se debe deixar de aproveitar a oportunidade de compartir neste tipo de reunións o que non se fixo e sería importante facer de cara a un próximo curso.

Gustaríame compartir con vos a complicación persoal e profesional que supón traballar como profesor de apoio dentro da aula ordinaria, onde por tradición o que alí ocorre é propiedade privada do profesorado de área. É por tanto moi doado que xurdan situacións tremendamente complicadas ou canto menos incómodas. E aínda que a profesinalidade fai que antepoñamos sempre o bo estado da relación entre compañeiros sobre unha defensa radical da disciplina profesional, isto non implica que non poida haber conflitos que, no marco da avaliación final, se poidan encamiñar para a toma de decisións. Así, ocórreseme que poderiamos ter en conta, dun xeito moi básico, algún elemento para a prevención de posibles problemas:

1) Son importantes as reunións a principio de curso nas que se deberá explicitar claramente o rol que ocupa cada un dos dous profesores dentro da aula. É o profesorado da área o que dirixe a situación, pero os alumnos, entendendo isto, deben saber que o profesorado de apoio é outro profesor máis e polo tanto goza da mesma lexitimidade. Para un profesor de apoio é tremendamente complicado tomar el só decisións de como vai traballar xa que iso depende en gran medida da metodoloxía a utilizar polo profesorado da área, é por iso que se lle debe brindar a axuda necesaria a través da necesaria coordinación.

2) É importante que cando aparezan conflitos de competencias dentro da aula, unha vez rematada a sesión se fale sobre o ocorrido con total naturalidade. E máis importante é que dentro da aula, un docente non deslexitime as decisións que toma o outro diante dos alumnos, xa que iso ocasionará futuros conflitos docentes – alumnos.

En termos xerais, e cando falamos de alumnos con Adaptación Curricular, as  calificacións só teñen valor motivacional, xa que non son relevantes para a obtención do título de secundaria. A súa promoción ou non dependerá sempre do que o equipo docente, coas recomendacións do Departamento de Orientación, consideren que é o mellor para o seu desenvolvemento. A avaliación con estes alumnos debe de ser máis que nunca cualitativa, e aquí cobra gran importancia avaliar para toma de decisión educativas que afectaron e afectarán ós alumnos. Así é importante valorar, revisar e modificar se é necesario o documento curricular de adaptación para unha maior efectividade.

diversidadSi feita a valoración global do alumnado con neae en secundaria este segue sen saber extraer as ideas principais dun texto escrito e, despois de moitos anos, continúa sen saber utilizar a multiplicación, non podemos pretender que resolva un problema de matemáticas. E digo sen saber ler, porque o máis importante da linguaxe verbal é o seu valor comunicativo e polo tanto ler significa entender o que se le. Esta situación é facilmente extrapolable a todas as áreas. Este alumno debe aprender máis pronto que tarde a ler de maneira comprensiva e o traballo nas diferentes áreas debe ter ese obxectivo principal.

No caso das matemáticas igualmente, xa que pode sumar e restar automaticamente, pero esas operacións carecen de funcionalidade se son un proceso mecánico que dificilmente saberá utilizar nunha situación cotiá. Polo tanto, e unha vez máis, débense traballar pequenos problemas con un compoñente máis lingüístico que matemático, para que poida comezar a establecer a relación entre resolución matemática e aplicación na vida cotiá.

A avaliación cualitativa ten un compoñente subxectivo, compoñente que hai que deixar claro para que o profesorado que utilice estas avaliacións como elemento para a súa toma de decisións teña en conta que son puntos de vista profesionais, pero tamén persoais de outros profesores que antes traballaron no centro.

(Este texto foi escrito hai anos)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 9.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: +1 (from 1 vote)
Avaliando... como profe de apoio, 9.0 out of 10 based on 1 rating

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*