Viaxando en TIC a través das intelixencias mútliples

Comparte!

SAMSUNG CAMERA PICTURES Este cartaz feito polo alumnado de infantil do CEIP Baño-Xanza de Valga coa súa profe Patricia Vigo foi a imaxe das “IV Xornadas de Formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación” que, organizadas polo CAFI, tiveron lugar o pasado luns 28 en Santiago. Tiven a sorte de poder participar grazas a un difícil encargo de Marta Romeo. Tratábase de relacionar a teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner co uso das TIC.

Tentei estudar ao máximo esta concepción das intelixencias chegando a unha conclusión xa coñecida e estendida: non hai alumno igual, e os sistemas que ofrecen unha única proposta ao conxunto do alumnado están a omitir esta diversidade, eu penso que con intereses manifestos, pero bueno, xa sería outro tema.

En palabras de Gardner “A educación que trata a todos do mesmo xeito é a máis inxusta que pode existir“. Dende este punto de vista a ecuación volveuse algo máis sinxela, xa só era unha relación entre TIC e un sistemas educativo que respecta a atención á diversidade, modelo que é o que defendemos dende o grupo AiovaiEdu, polo que o discurso estaba relativamente construído, polo menos a nivel mental.

Howard GardnerAdemais das cuestións pedagóxicas tiña que ter presentes determinados principios metodolóxicos técnicos, hay que predicar co exemplo. En canto á ferramenta a utilizar tiña que ser copyleft (xa que o presentaría como elemento importante de reflexión), isto deixábame limitado principalmente a Impress de LibreOffice ou a eXeLearning. Ata agora viña utilizando a primeira pero sempre remata sendo material que queda esquecido nos nosos discos duros. Así, seguindo unha vez máis o exemplo de Antonio Monje, decanteime por utilizar eXeLearning, Conseguiría así aumentar o grado de accesibilidade ao máximo. Como veredes, permitiume cubrir as necesidades da presentación no momento, co plus de que agora permanece como recurso educativo na web grazas ao uso do iDevice “Reflexión” que inclúe información a amosar polo usuario a través do botón “retroacción”, onde está escrita a información non amosada gráficamente na presentación. Non sei si volverei a utilizar o Impress…

Podedes ver a presentación na ligazón intelixenciastic.aiovai.org

Non quero deixar de recoñecer a Pablo Gulín (Gato Pasta) pola presentación, a Yolanda Barallobre, a Estela Míguez e á propia Marta Romeo pola boa organización.

Todo pode estar moito mellor feito do que se presenta aquí, pero en copyleft o permiso está dado de antemán, agora tes ti a responsabilidade de melloralo 😉 jeje.

Licencia Creative Commons Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY-SA)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 9.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)
Viaxando en TIC a través das intelixencias mútliples, 9.0 out of 10 based on 1 rating

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*