Interaccións no ámbito escolar: fundamentación, finalidades, avaliación e lecturas

Comparte!

O texto que engadimos a continuación é un estrato do programa da materia “Interacción no ámbito escolar” elaborado e impartida por Juan Carlos Pardo Pérez e Alfonso García Tobío na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, no marco da licenciatura de Psicopedagoxía.

Juan Carlos e Alfonso foron profesores de máis de un integrante de AíovaiEducación, e culpables únicos e directos da vocación educativa de algún de nós. A nivel documental xa temos a gran sorte de poder contar con eles como colaboradores, pero gustaríanos entrevistalos para compartir con vós todo o que estea nas nosas mans.

No traballo que realicemos en AíovaiEducación queremos dar unha visibilidade especial as interaccións entre iguais xa que respresentan un  modelo organizativo moito máis adaptado ao traballo en rede. A nivel docente é onde podemos atopar os discursos máis frescos, adaptados e independentes que, lonxe dos intereses manipulados polas grandes grupos de poder, sérvennos como elementos de crecemento profesional polo seu alto grado de coherencia. A nivel de discente, precisamos que os alumnos traballen colaborativamente e discutan, chegando a acordos de consenso que favorezan a comprensión da realidade para poder interceder e transformala.

 color colorful diamonds children cheers joy poor by geralt

color colorful diamonds children cheers joy poor by geralt

 

Fundamentación psicopedagóxica:

Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. O presente programa enmárcase explícitamente nunha concepción constructivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  1. O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  2. Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  3. Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas sucesivas xeracións humanas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  4. Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).

Finalidades educativas:

En consonancia co obxecto de estudio especificado anteriormente, preténdese proporcionar ós alumnos (por vía de contraste con outros modelos) un modelo de intervención psicopedagóxica que permita ó futuro psicopedagogo favorecer coa súa acción os procesos de ensinanza/aprendizaxe (intervención preventiva) desde unha perspectiva sistémica da realidade escolar. E dicimos “sistémica” porque o desenvolvemento persoal (obxectivo fundamental da escola) resulta de múltiples e complexas interaccións entre elementos (o propio alumno, o profesor, o currículum, a organización escolar, o medio sociofamiliar, o sistema educativo, etc.) que configuran, conxuntamente, un sistema. Polo tanto, calquera intervención psicopedagóxica debe estar fundamentada no coñecemento máis exhaustivo posible do funcionamento deste sistema e da súa influencia sobre a aprendizaxe dos alumnos. Sobra dicir que, consecuentemente, é preciso dispoñer tamén dunha concepción explícita da aprendizaxe escolar. Esta formulación concrétase nas finalidades instrutivas.

Pero toda actividade educadora (e a universitaria non o é menos) ten outra dimensión de análise: os procedementos (que teñen que ver co estilo de aprendizaxe) que os alumnos utilizan no proceso de aprender. Sen perder de vista que estes procedementos dependen das experiencias previas dos propios alumnos desenvoltas ó longo do seu paso polo sistema educativo, as actividades de ensinanza que empreguen os profesores queren contribuír á formación de determinadas formas de aprender que, no ámbito da Psicoloxía da Educación configuran o enfoque profundo de aprendizaxe. A esta outra dimensión á que estamos facendo referencia responden os finalidades formativas.

Por conseguinte, mentres que as finalidades instrutivas pretenden axudar ó alumno a formar unha estrutura cognitiva que articule os contidos de Psicoloxía da Instrución, as finalidades formativas perseguen axudar ó alumno a desenvolver formas intrínsecas de motivación e estratexias de aprendizaxe, hábitos de estudio, etc. que teñan como fin a aprendizaxe significativa.

Avaliación

A avaliación é un elemento constituínte, e importante, de calquera proceso educativo. Sen embargo, con excesiva frecuencia, redúcese a “examinar ós alumnos” mediante probas que valoran unicamente as aprendizaxes repetitivas.

O resultado de tales exames é un valor numérico a responsabilidade do cal recae exclusivamente no alumno.

Modificar esta concepción negativa da “avaliación” esixe ampliar este significado restritivo, no sentido de que tamén son susceptibles de avaliación o propio sistema educativo, o centro escolar ou educativo de que se trate, os programas, os métodos de ensinanza empregados polo profesor, os recursos utilizados, ademais da aprendizaxe dos alumnos. Sen perder de vista que todos estes factores contribúen de maneira importante á aprendizaxe dos alumnos, e aínda que puntualmente poidamos referirnos a eles, aquí centrarémonos na avaliación do que sucede na clase: é dicir, na avaliación dos procesos de ensinanza/aprendizaxe desenvoltas conxuntamente por profesores e alumnos.

Lecturas relacionadas recomendas por Juan Carlos Pardo e Alfonso García Tobío:

As escolas como comunidades de aprendizaxe

A complexidade da sociedade actual, os cambios e as transformacións que de forma continua experimenta, supoñen retos de gran calado para tódolos suxeitos. Se a escola pretende ser a institución educativa que capacite ás persoas para enfrontarse a tales desafíos, debe transfornarse nunha comunidade de aprendizaxe, aberta á comunidade para que todos os seus membros participen na aprendizaxe:

  1. Elboj, C. e outros (2002): Fragmento de “Comunidades de aprendizaje: una escuela en la sociedad de la información para todas las personas”. En C. Elboj e outros, Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Graó.
  2. Elboj, C. e outros (2002): El aprendizaje dialógico. En C. Elboj e outros, Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Graó.
  3. Flecha, R. (1999): Aprendizaje dialógico y participación social. Comunidades de aprendizaje. http://www.concejoeducativo.org/alternat/flecha.htm

Interacción social e aprendizaxe nas aulas: Unha aproximación ó problema

Unha escola é unha institución social que ten como obxectivo promover a aprendizaxe e o desenvolvemento dun grupo de alumnos, por medio das actividades de ensinanza dos profesores. Conformada por grupos organizados de persoas, a escola aparece ante nós como unha trama de relacións sociais que é preciso analizar se queremos comprender a influencia que teñen sobre os procesos de ensinanza e de aprendizaxe:

  1. Johnson, D.W. e Johnson, R.T. (1999): Fragmento de “Algunas reflexiones”. En D.W. Johsnon e R.T. Johnson, Aprender juntos y solos. Aprendizaje cooperativo, competitivo e individualista. Buenos Aires: Aique. (“El cambiante paradigma de la enseñanza, pp. 239-243).
  2. Sharan, Y. e Sharan, S. (2004): La investigación en grupo: fundamentos, razón de ser y objetivos. En Y. Sharan e S. Sharan, El desarrollo del aprendizaje cooperativo a través de la investigación en grupo. Sevilla: Publicaciones del MCEP (orix. 1992).
  3. Kaplun, M. (1998): Procesos educativos y canales de comunicación. Comunicar, núm. 11, 158-165. http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/pdf/158/15801125.pdf
  4. Martin, E. e Mauri, T. (2001): Las instituciones escolares como fuente de influencia educativa. En C. Coll, J. Palacios e A. Marchesi (Comps.): Desarrollo psicológico y educación. 2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial .

As interaccións na aula: Interaccións entre profesor e alumnos e interaccións entre alumnos

A educación desenvólvese no marco de relacións interpersoais, entre profesores e alumnos, e entre alumnos. É necesario examinar os modelos teóricos e os conceptos mediante os que diferentes autores explican os efectos educativos de diversas modalidades de interacción.

  1. Plá, L. (1989): Fragmento de “Bases psicopedagógicas”. En L. Plá, Enseñar y aprender inglés. Bases psicopedagógicas. Barcelona: ICE-Horsori. (Descargar documento en open office, pdf, word).
  2. Marchesi, A. e Martín, E. (1998): Fragmento de “El análisis de la práctica docente”. En A. Marchesi e E. Martín, Calidad de la enseñanza en tiempos de cambio. Madrid: Alianza Editorial. (Apartado 4: “Los mecanismos de influencia educativa: la enseñanza como ayuda a la construcción del conocimiento”, páxinas 388-401). .
  3. Colomina, R., Onrubia, J. e Rochera, Mª J. (2001): Fragmento de “Interactividad, mecanismos de influencia educativa y construcción del conocimiento en el aula”. En C. Coll, J. Palacios e A. Marchesi (Comp.), Desarrollo psicológico y educación. 2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial. (Apartado 4: “Los mecanismos de influencia educativa en el ámbito de la interactividad”). .
  4. Zabala, A. (1995): Las relaciones interactivas en clase. El papel del profesorado y del alumnado. En La práctica educativa. Cómo enseñar. Barcelona: Editorial Graó. .
  5. Solé, I. (1997): Reforma y trabajo en grupo. Cuadernos de Pedagogía, núm. 255, 50-53. .
  6. Coll, C. e Colomina, R. (1990): Interacción entre alumnos y aprendizaje escolar. En C. Coll, J. Palacios e A. Marchesi (Comps.), Desarrollo psicológico y educación. Madrid: Alianza Editorial. .
  7. Colomina, R. e Onrubia, J. (2001): Interacción educativa y aprendizaje escolar: la interacción entre alumnos. En C. Coll, J. Palacios e A. Marchesi (comps.), Desarrollo psicológico y educación. 2. Psicología de la educación escolar. Madrid: Alianza Editorial. .
  8. Bonals, J. (2000): Introducción. En J. Bonals, El trabajo en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Editorial Graó. .
  9. Bonals, J. (2000): La organización de los grupos. En J. Bonals, El trabajo en pequeños grupos en el aula. Barcelona: Editorial Graó. .

Outras interaccións: A interacción entre profesores e a interacción escola-familia

Na escola teñen lugar, ademáis, outras interaccións que, para os procesos de ensinanza/aprendizaxe, teñen tanta importancia como as interaccións que se producen nas aulas. A organización dos centros, os climas institucionais, as culturas escolares, son factores que inflúen nas actividades que desenvolven os profesores e os alumnos. Non é menos importante o modo en que a escola define e institucionaliza a súa relación coa comunidade, especialmente cos pais:

  1. Pardo, J.C. e García Tobío, A. (1997): ¿O centro educativo como unidade de cambio? Interacción entre profesores: burocracia vs. colaboración. Revista Galega de Educación, 28, 58-68. .
  2. Mauri, T. (2002): Dinámica del equipo de centro e innovación educativa. En S. Antúnez e outros, Dinámicas colaborativas en el trabajo del profesorado. El paso del yo al nosotros. Barcelona: Editorial Graó. .
  3. Antúnez, S. (2002): ¿Qué podemos hacer para mejorar la participación en los equipos de profesoras y profesores? En S. Antúnez e outros, Dinámicas colaborativas en el trabajo del profesorado. El paso del yo al nosotros. Barcelona: Editorial Graó.
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*