A orixe da escola determinou a súa historia

Comparte!

Tradicionalmente a educación escolar non existía. Todo os saberes considerados necesarios para poder vivir en sociedade eran transmitidos directamente pola propia comunidade, así o podemos comprobar en proverbios africanos como o seguinte:

Coa chegada do mundo moderno a finais do século XVIII, caracterizado por un lado pola necesidade de dar explicación científica aos feitos que ata agora se explicaban mediante Deus e, por outro, pola expansión da produción industrial (revolución industrial), xurde a necesidade de formar aos cidadáns para traballar nas fábricas. É neste contexto como nace a escola obrigatoria e gratuíta.

A partires de aquí a historia escolar veuse sempre definida como unha loita entre dúas visións. Unha que prima a selección dun tipo de persoas que chegarán á universidade e liderarán sectores estratéxicos como a economía, pero que exclúe do propio sistema a aqueles que non se adapten a el e que normalmente coinciden cos ambientes sociais menos favorecidos; e unha segunda visión deste mesmo sistema educativo que, pretendendo igualar en oportunidades, considera que cada nena e cada neno aprenden de forma diferente e, polo tanto, a escola é responsables de atender a esta diversidade.

As contradicións están servidas en bandexa. Mentres a teoría pedagóxica e as leis educativas priman a segunda visión, o xeito en que o estado (a través das administracións autonómicas) define as liñas estratéxicas de organización dos centros, favorece a primeira.

Dito de outro xeito: A escola pode contribuír a que os nenos e nenas se adapten a unha cultura que xa existe, ou convertelos en protagonistas da mesma outorgándolles a capacidade de transformala para mellorala nos seus propios intereses.

É na segunda visión, onde se move AiovaiEducación.

Licencia Creative Commons Como sempre, vostede é libre de compartir, copiar, distribuír, comunicar a obra, facer obras derivadas e facer un uso comercial desta obra baixo as condicións de atribución (Licenza: CC-BY-SA)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 5.5/10 (2 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: -1 (from 1 vote)
A orixe da escola determinou a súa historia, 5.5 out of 10 based on 2 ratings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*