I Xornada de debate AíovaiEducación

Comparte!

AíovaiEducacióndebate_modificado_900, en colaboración co CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios), convídache á “I Xornada de Debate AíovaiEducación”. Nela “pretendemos contribuír ao consenso de principios que nos permitan apostar por prácticas discutidas, abandonando outras que hoxe en día están excesivamente mitificadas.” Este consenso só é posible a través do diálogo entre nós, e coa comunidade educativa coa que día a día estamos en contacto.

Gustaríanos que participaras con nós, cantos máis sexamos máis rico será o debate. Confiamos en que esta apertura represente unha doble riqueza tanto para os membros do grupo AiovaiEducación, como para todos aqueles que vos animedes a participar e asistir.

A xornada celebrarase o día 16 de Maio no IES Plurilingüe de Ames (Bertamiráns – AMES).

Organizamos o debate dende unha perspectiva teórica, pasando pola súa aplicación práctica, para finalizar nunha discusión sobre a integración das TIC. Reflexionaremos sobre como os novos modelos de utilización das TIC están vinculados ao cambio metodolóxico na aula co protagonismo nos procesos de ensino e aprendizaxe de metodoloxías activas, coma a aprendizaxe baseada en proxectos.

Os novos modelos de recursos educativos (REA con metodoloxías innovadoras) implican cambios nos modelos de creación e utilización dos materiais e recursos educativos. Os docentes deixan de ser meros consumidores de recursos educativos para converterse en creadores e adaptadores de contidos educativos. Os alumnos tamén participan neste novo modelo pois as súas achegas, análise e tarefas incorpóranse como parte dos recursos educativos.

Modalidade

  • De mañá.
  • Con carácter xeral, excepto a conferencia inicial, as intervencións deberán estar enfocadas para abrir o debate entre os participantes.
  • Non existe posibilidade de certificación de ningún tipo aos asistentes.

Proposta de programa:

Benvida

09:30 – Presentación do grupo AiovaiEducación: Creativo, Libre, Aberto, Colectivo.
Pablo Nimo Liboreiro (Mestre de Ed. Primaria – CEIP Serra de Outes – Outes)
#innovación_educativa, #traballo_en_rede, #principios_educativos, #sociedade_información, #cambio

Conferencia: Marco teórico pedagóxico

10:00 – Conferencia: O construtivismo como marco de referencia psicolóxico para a educación escolar
Juan Carlos Pardo Pérez (Profesor de Psicoloxía Evolutiva e da Educación – USC)

Debate: Marco práctico pedagóxico

11:00 – Aprendizaxe da lingua escrita na escola dende unha óptica construtivista
Mª Teresa Neira González (Mestra de Ed. Infantil – CEIP Pío XII – Compostela)
Eva García Sexto (Mestra de Ed. Infantil – CEIP DE Roxos – Roxos)
Maiuca Cortón Tesouro (Mestra de Ed. Infantil – CEIP Felipe de Castro – Noia)
Alicia Nimo Liboreiro (Mestra de Ed. Primaria – CEIP Pepe de Xan Baña – Santa Comba)

Pausa (12 – 12:20)

Debate: Marco de reutilización TIC

12:20 – Recursos Educativos Abertos
Antonio Monje Fernández (Director do CEDEC – Mérida)
#REA, #Hacker, #exe, #transformación, #reutilización

Proxecto EDIA: Traballo por proxectos
Miguel Ángel Pereira Baz (Xefe de Servizo do CEDEC – Mérida)
#proxectos, #tarefas, #rea, #exelearning, #equipo_docente, #modelo_creación_rea,

En Galicia: Metasecuencias
Agustín Carracedo Santos (Profesor de Filosofía – IES Macías o Namorado – Padrón)
#secuencias_didácticas #modelo_creación, #rea, #exelearning, #galicia

14:30 – Finalización da xornada.

Proposta de organización:

Lugar:

  • IES de Ames (Bertamiráns)

Marco teórico pedagóxico

Profesor Juan Carlos Pardo Pérez

Toda práctica educativa responde e está fundamentada nunha concepción psicopedagóxica particular, sexa esta implícita ou explícita. Aíovai Educación enmárcase explícitamente nunha concepción constructivista do desenvolvemento e da aprendizaxe escolar, concepción a que contribúen dun modo especial a Epistemoloxía Xenética de Jean Piaget, a Teoría da Orixe Sociocultural dos Procesos Psicolóxicos Superiores de Lev S. Vygotsky e a Teoría da Aprendizaxe Verbal Significativa de David P. Ausubel. A pesares das diferencias de matiz que poida haber entre elas, estas tres teorías aportan un conxunto de ideas directrices para a intervención psicopedagóxica:

  1. O suxeito constrúe o seu coñecemento (aprende) gracias a súa actividade co medio.
  2. Estes coñecementos constitúen en cada momento a base dispoñible ou o punto de partida para construír novos coñecementos (para efectuar novas aprendizaxes).
  3. Dado que estes coñecementos son construcións culturais (trátase de elaboracións feitas polas persoas), a actividade do individuo está en todo momento mediada por axentes expertos (pais, compañeiros, profesores, etc.) que, a través de actividades de ensinanza, promoven a aprendizaxe.
  4. Se, como se dixo anteriormente, o suxeito aprende a partir da organización de coñecementos dos que xa dispón, favorécese e promóvese a aprendizaxe canto mellor se coñeza aquelo que o alumno xa sabe, porque así será posible conectar os novos contidos cos que xa posúe (fálase neste caso de aprendizaxe significativa).

Marco práctico pedagóxico

“…Os tradicionais métodos de ensino da lectura e a escritura, tanto os analíticos como os sintéticos, elaboran un camiño unidireccional para aprender a ler e a escribir. Un camiño lineal e sumativo, marcado en parte por un ensino que aposta basicamente pola transmisión dunhas habilidades visuais, motrices e auditivas. A medida que a psicolingüística situounos na perspectiva do suxeito que aprende (en lugar do mestre que ensina na que nos situaban os métodos de ensino), e na perspectiva dos procesos que se poñen en marcha para ler e escribir, e a psicoloxía brindounos unha teoría de aprendizaxe máis explicativa dos procesos de apropiación dos coñecementos, xa non podemos considerar que a aprendizaxe da lectura e a escritura desenvólvese de forma sumativa, senón por reorganizacións de coñecementos de diferente contido, tipo e nivel”… (Fons Esteve, M. 2004).

Marco de reutilización TIC

Trátase de definir un plan de traballo asociado ao desenvolvemento de algún proxecto educativo. Teremos a oportunidade de debater sobre diferentes aspectos de importancia como a dispoñibilidade de recursos na rede, a definición e implicación do concepto REA (Recursos Educativos Abertos), posturas sobre propiedade intelectual e analizar casos de éxito. Será un espazo de discusión.

Reflexionaremos sobre como os novos modelos de utilización das TIC están vinculados ao cambio metodolóxico na aula co protagonismo nos procesos de ensino e aprendizaxe de metodoloxías activas coma a aprendizaxe baseada en proxectos.

Os novos modelos de recursos educativos (REA con metodoloxías innovadoras) implican cambios nos modelos de creación e utilización dos materiais e recursos educativos. Os docentes deixan de ser meros consumidores de recursos educativos para converterse en creadores e adaptadores de contidos educativos. Os alumnos tamén participan neste novo modelo pois as súas achegas, análise e tarefas incorpóranse como parte dos recursos educativos.

Non queremos montarnos no noso particular vehículo sen previamente ter decidido a onde nos queremos desprazar.
logo_exelearning_219As estruturas de colaboración sufriron nestes últimos anos unha transformación moi potente. Pasamos de traballar en redes mediadas por nodos que concentraban o coñecemento coñecidas como redes centralizadas, a un modelo de colaboración máis horizontal que se define como a “colaboración entre pares” (p2P) e traballa sobre estruturas de rede distribuídas.
Dende este punto de vista resulta fundamental organizar as metodoloxías de traballo para permitir que o noso traballo se desenvolva dun xeito o máis sinxelo posible nesas estruturas. É preciso desaprender, perder o control, dar valor positivo á inseguridade e desenvolver unha excesiva humildade antes as feroces críticas que podemos recibir da rede para situalas nun ámbito puramente práctico, non persoal.

“Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden mudalo mundo” Eduardo Galeano

logo_RecursosEducativosABERTOS_150Non se trata de facer moito, senón de facer pouco pero facelo ben. O poder do traballo en rede radica na achega a proxectos comúns, polo que só si o traballo é de calidade este poderá ser reutilizado.

“De feito, moitas destas sementes caerán no duro pavimento, onde non poderán prosperar. Ao dente de león non lle importa o destino de cada un dos seus fillos. O que realmente pretende é que cada un dos seus espazos ao seu redor remate cheo das súas sementes, que estas aproveiten tódalas súas posibilidades á súa disposición.

Os dentes de león e os artistas teñen moito en común na era de internet, onde o custo de reprodución é practicamente cero. En cuestión de minutos, un traballo pode ser copiado e distribuído miles, ou centos de miles de veces, e con isto é quen de poboar o mundo enteiro, coma un virus que se reproduce a si mesmo, ou como unha semente de dente de león que vai alá a onde o leve a brisa.

Os ventos de internet poden levar o froito dos teus esforzos a tódolos destinos posibles.”

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 2.0/10 (1 vote cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: +1 (from 1 vote)
I Xornada de debate AíovaiEducación, 2.0 out of 10 based on 1 rating

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*