Proposta de debate nun centro educativo sobre a “Privacidade na rede”

Comparte!

Ola, a continuación compartimos con vós unha proposta de actividades con uns vídeos para o debate que poden servir nos CEIPs (ou IES) como punto de partida para tratar o tema da privacidade na rede. A selección está feita pensando nun profesorado en concreto pero sempre se poden aproveitar cousiñas.

Este foi o correo enviado ás mestras e mestres (que algún tamén hai)

O Departamento TIC do centro propón a seguinte actividade dividida en dúas partes:

  1. Debate con todo o profesorado do centro.
  2. Dúas sesións cos alumnos de 4º, 5º e 6º impartidas por dous membros do equipo TIC en coordinación cos titores destes niveis, ao longo do 2º e 3º trimestre.

De cara a lograr que a primeira actividade sexa un debate propoñemos a visualización previa destes cinco vídeos que se ven en media hora. O debate comezará con un brevísimo resumo pola miña parte sobre a privacidade na rede.

Os vídeos propostos son:

Sobre identidade dixital proxectada:

Non se pretende dar a idea de que as redes son perigosas e concluír en limitar o seu uso, xa que iso apartaría o problema da responsabilidade da escola pero non atendería ás necesidades educativas que presentan os alumnos.

Como vedes, os vídeos presentan realidades descoñecidas para moitos de nós que, sin un debate, poden chegar a asustar algo. É por isto que non incluímos vídeos sobre os riscos específicos dos menos nas redes como “grooming”, o “sextin” ou “civerbullyn” para non asustar. Pero serán contidos que trataremos ese día e nas sesións cos rapaces.

O equipo TIC.

 

"facebook-redes-sociales-redes-red" Licencia: CC0 Public Domain / Preguntas Frecuentes
“facebook-redes-sociales-redes-red” Licencia: CC0 Public Domain

No día do debate fíxose a seguinte proposta:

Organización da actividade:

  1. Debate de ideas previas
  2. Breve introdución
  3. Continuación do debate

A IDENTIDADE DIXITAL PROXECTADA

  • Diferenciamos correctamente os tipos de uso que facemos das redes sociais?
  • Que elementos positivos pode ter o coñecemento deste concepto e do que os demáis ven de nós (recoñecemento social)?
  • Sabemos as diferentes opcións de configuración de privacidade de facebook?

O OLLO QUE TODO O VE

  • Que é o rastro dixital?
  • Que implicacións pode ter o “Big Data” no futuro? (segundo un informe do departamento de seguridade norteamericano, Facebook sustituíu a tódolos programas de recollida de información da CIA)

AUSENCIA DO DEREITO AO ESQUECEMENTO

  • Que pasa cando eliminamos algo das redes sociais?
  • Existe algún dereito que poida interferir co dereito ao esquecemento?

A PRIVACIDADE EN INTERNET (REDES SOCIAIS) E A EDUCACIÓN

  • Cal é a responsabilidade da escola neste tema?
  • Cal é o noso papel antes o uso das redes sociais por parte dos nosos alumnos?
  • Non será mellor inhibirse para evitar problemas?
  • Quedámonos só co negativo das redes e é o único que no que incidimos cando tratamos este tema?
  • Como podemos converter os aspectos negativos en algo positivo?
  • Cales son os grandes perigos no uso das redes sociais?
  • De que/quen temos medo?

Agardamos sexa de utilidade

 

 

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*