Curso: Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning (edición 2016)

Comparte!

Está aberto o prazo de inscrición para o 2º Trimestre.

Datos do curso:

Un Recurso Educativo Aberto (REA) é un material didáctico subido á rede por docentes que o comparten gratuitamente baixo as condicións da licenza CC.
O obxectivo deste curso é ensinarlles a buscar, crear e compartir REA.
A ferramenta que presentaremos para conseguir este obxectivo denomínase eXe. Con eXe relacionaremos de xeito significativo e funcional recursos tecnolóxicos e reflexión metodolóxica.
transforma_REAConstituído arredor da ferramenta eXeLearning, pretende situala no seu lugar: Por un lado pretendemos afastarnos da idea da ferramenta como fin, pero sen chegar ao punto de considerala un medio “transparente”. As ferramentas tamén condicionan o uso que facemos de elas e, en consecuencia, a nosa interacción co mundo real (metodoloxía).
Parece inevitable a necesidade de formular algún tipo de obxectivo educativo previo que nos vaia a servir de guía ao longo do desenvolvemento do curso. Esta declaración inicial de principios permitiranos ir tomando decisións tecnolóxicas de calado.
O curso está inspirado na metodoloxía de traballo do Centro de Desenvolvemento Currirular en Sistemas Non Propietarios (CEDEC)
  • Título: Transformación creativa de Recursos Educativos Abertos con eXeLearning
  • Modalidade e duración: 50h de Teleformación que comezan en Febreiro
  • Destinatarios: Docentes en activo do sistema educativo non universitario galego.
  • Organiza: Centro Autonómico de Formación e Innovación
  • Titoriza: Pablo Nimo Liboreiro

Planificación da edición 2015planificacion_curso_rea2015

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*