A práctica da realidade educativa

Comparte!

Como en tódolos campos do coñecemento este xérase a través da experiencia e a súa propia reflexión. Unhas veces fundada en diferentes teorías, e outras en procesos de corte máis instintivo ou intuitivo. De unha xeito ou de outro, o cambio só se produce a través do conflito entre o que debería ser (situación ideal) e o que está a ser (realidade).

Calquera postura que asuma directamente que “as cousas son así”, ou aquelas que querendo mudalo mundo se perdan en soños sen relación coa realidade, poderán servir de descanso para uns ou de inspiración para outros, pero é complexo que cheguen a ser realmente protagonistas dun cambio.

Neste aparto é importante mirar cara a nós e facernos algunha pregunta:

  • É necesario un cambio no sistema educativo? Cal debe ser o aspecto principal deste cambio?
  • Onde remata a nosa posibilidade como docentes? e como cidadáns?
  • Cal é o fin primeiro do sistema educativo actual? Cal debería ser?
  • Que é a avaliación? A quen avaliamos? Como avaliamos?
  • Traballamos a afectividade na escola?

A continuación, deixámosvos a intervención da profesora de Matemáticas e Ciencias da Natureza do IES Hoya de Buño, Mª Ángeles Llorente Cortés, na Comisión non permanente especial de estudos das técnicas e das actuacións para mellorar o rendemento escolar e posibilitar a ocupación da mocidade, celebrada o 15 de outubro de 2012 nas Cortes Valencianas. A súa visión crítica servirnos como inspiración, recomendamos principalmente o seu visionado ata o minuto 31.

(https://www.youtube.com/watch?v=I8jTXTHjzy0)

Por outro lado, é interesante comprender que o cambio supón un problema, entendido como “un reto a superar“. O contexto no que vivimos está especialmente definido por unha cadea de cambios que suceden sin oportunidade a interiorizalos, é por isto que a sensación de inseguridade crece xerando sensacións de impotencia. Só a creatividade é quen de facer realidade os nosos soños e volvernos protagonistas dos mesmos. Para isto debemos asumir determinadas perdas de control e dar valor ás emocións que, en definitiva, non son outra cousa que a expresión real de nós mesmos.

O seguinte vídeo (7 minutos) resume moi ben a actitude que podemos adoptar para ser protagonistas deste cambio.

(https://www.youtube.com/watch?v=hn-rJpRsmvw)

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*