O traballo compartido e a súa garantía legal: O Copyleft

Comparte!

Da sociedade industrial á socidade da información e do coñecemento

Contexto:
  • Estrutura xerárquica (rede centralizada) vs estrutura rede (distribuída)
  • Cambio abrupto: crise como revolución (multiplicidade de mensaxes)
  • Revolución tras revolución, e así sucesivamente

Lectura recomendada: ¿Adiós a los intermediarios?

Como adaptarse a un contexto de Rede distribuída? Traballando en rede.

Traballar en rede significa poder inspirarse e compartir o noso traballo con usuarios que nin tan sequera coñecemos:

“De feito, moitas destas sementes caerán no duro pavimento, onde non poderán prosperar. Ao dente de león non lle importa o destino de cada un dos seus fillos. O que realmente pretende é que cada un dos seus espazos ao seu redor remate cheo das súas sementes, que estas aproveiten tódalas súas posibilidades á súa disposición.

Os dentes de león e os artistas teñen moito en común na era de internet, onde o custo de reprodución é practicamente cero. En cuestión de minutos, un traballo pode ser copiado e distribuído miles, ou centos de miles de veces, e con isto é quen de poboar o mundo enteiro, coma un virus que se reproduce a si mesmo, ou como unha semente de dente de león que vai alá a onde o leve a brisa.

Os ventos de internet poden levar o froito dos teus esforzos a tódolos destinos posibles.”

Pensa como un dente de león (Cory Doctorow)

Para iso é necesario chegar a acordos (estándares) que nos permitan encaixar as pezas dun xeito relativamente doado. Xa vimos como o aspecto metodolóxico é fundamental, pero unha vez esta compatibilidade está superada chega o momento de favorecer a compatibilidade de tipo técnico. Aquí debemos analizar dous tipos de compatibilidade: a práctica que depende da propia ferramenta que estamos a utilizar e a compatibilidade legal, que garda relación coa licenza pola que optemos (propiedade intelectual) no contido.

A continuación, preséntanse unha serie de conceptos, ideas, sobre as que podedes investigar:

Capacidade práctica de transformación (Fontes abertas):

O concepto de “fonte aberta” (open source) é aquel que permite modificar un recurso educativo porque dispoñemos de tódolos elementos necesarios. Por exemplo, si recibo un documento en PDF malamente poderei editalo para melloralo e utilizalo. Precisaría a súa fonte, o arquivo orixinal en formato .odt de LibreOffice Writer ou Word, pero Word non é software libre.. :(

Para isto recomendamos o uso de ferramentas de Software Libre e un coidado á hora de engadir as fontes a todo aquel traballo que queiramos compartir con todas as garantías de que sirva como base, ou apoio, para outros profesionais.

Capacidade legal de transformación (Licenzas Copyleft)

Os contidos educativos están suxeitos á lei de propiedade intelectual que, por defecto, outorga a tódalas obras creativas un Copyright, o que significa que tódolos dereitos están reservados ao autor, aínda que este non indique nada na súa obra. Para permitir determinados usos é necesario facelo explícito (licenza).

Queres saber máis?

Creative_Commons_yy-sa_small.svg

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*