II Xornada de debate AíovaiEducación: Política e educación (Sábado 28)

Comparte!

Convidámosvos a participar na xornada de debate que manteremos o próximo sábado 28 no CEIP de Pedrouzos en Brión, este ano coa temática “Política e educación”.

Somos conscientes de que o cambio metodolóxico é necesario e non cesamos no intento de querer contribuír a conseguilo. Non é un camiño doado nin moito menos xusto, por iso consideramos necesaria a discusión, para consensuar significados e lograr aliados que nos axuden a identificar o foco de acción e nos afasten da idea de criminalizar a aqueles que, por inmobilismo, non teñen o entusiasmo que por veces nós manifestamos.

O traballo na educación é pública é un traballo social e, como tal, é político. Nesta xornada organizaremos o debate arredor das tres capas políticas máis visibles. Un primeiro debate arredor das políticas globais en educación nas que poderemos valorar o papel do poder económico sobre o político, no que se inclúe a discusión sobre as políticas educativas da administración educativa. Outro no que analizaremos as relacións de poder que se establecen dentro dos centros e o papel relevante que xogan as direccións dos mesmos e, para rematar, discutiremos sobre as diferentes interferencias que podemos atopar dende as nosas aulas. Todo isto, sempre, dende a perspectiva do docente como protagonista indiscutible do cambio metodolóxico.

 

politica_educativa_1000

 

Organizamos o debate en torno a estas tres preguntas:

  • A que responden as políticas educativas da administración educativa? Favorecen a innovación? permítena?
  • Canta importancia xogan as direccións dos centros á hora de favorecer o cambio metodolóxico?
  • Existe resistencia ao cambio no colectivo docente? Como se traballa coas familias si pretendes romper cun sistema establecido?

Benvida

10:00 – Presentación do grupo AiovaiEducación: Creativo, Libre, Aberto, Colectivo.
Pablo Nimo Liboreiro (Mestre de Ed. Primaria – CEIP Serra de Outes – Outes)
#innovación_educativa, #traballo_en_rede, #principios_educativos, #sociedade_información, #cambio

10:15 – Debate: A fábrica do suxeito competidor
Introduce: Juan Carlos Pardo Pérez (Profesor de Psicoloxía Evolutiva e da Educación – USC)

11:15 – Debate: Cando todas aportan nun centro
Introduce: José Antonio Martínez Lista (Director do CEIP de Pedrouzos – Brión)

12:15 – Pausa-café e debate informal

13:15 – Debate: Mundando a metodoloxía na miña aula
Introduce: Micaela Beiro Oreiro (Mestra no CEIP Emilio Navasqüés – Cruceiro de Roo)

14:15 – Valoración da xornada

14:15 – Finalización da xornada.

VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*