Fases ou funcións dun conto clásico

Comparte!

Vladimir Propp foi un escritor soviético que no seu libro “La Morfología del Cuento” (1928) describiu  o que podemos chamar as 31 fases ou funcións das que constaba un conto clásico. A través destas funcións podemos guiar ao noso alumnado na creación de tramas nos procesos de creación de textos literarios. Estas funcións  poden repetirse varias veces e non teñen por que aparecer todas.

  1. Afastamento: un dos membros da familia afástase da casa
  2. Prohibición: recae sobre o protagonista una prohibición
  3. Transgresión: transgrédese a prohibición
  4. Interrogatorio: o agresor intenta obter noticias
  5. Información: o agresor recibe informacións sobre a vítima
  6. Engano: o agresor intenta enganar á súa vítima para apoderarse dela ou dos seus bens
  7. Complicidade: a vítima déixase enganar e axuda así ao seu inimigo, ao seu pesar
  8. Fechoría: o agresor dana a un dos membros da familia ou cáusalle prexuízos
  9. Carencia: fáltalle algo a un dos membros da familia; un deles ten gañas de posuír algo
  10. Mediación: momento de transición, divúlgase a noticia da fechoría ou da carencia, diríxense ao heroe cunha pregunta ou unha orde, chámase ou fáiselle partir
  11. Principio da acción contraria: o heroe buscador acepta ou decide actuar
  12. Partida: o heroe vaise da súa casa
  13. Primeira función do doante: o heroe sufre unha proba, un cuestionario, un ataque, que lle prepara para la recepción dun obxecto ou dun auxiliar máxico
  14. Reacción do heroe: o heroe reacciona ante as acción do futuro doador
  15. Recepción do obxecto máxico: o obxecto máxico pasa a disposición do heroe
  16. Desprazamento: o heroe é transportado, conducido ou levado cerca do lugar onde se atopa o obxecto da súa busca
  17. Combate: o heroe e o seu agresor enfróntanse nun combate. O heroe recibe unha marca
  18. Victoria: o agresor é vencido
  19. Reparación: a fechoría inicial é reparada ou a carencia colmada
  20. A volta: o heroe regresa
  21. Persecución: o heroe é perseguido
  22. Socorro: o heroe é auxiliado
  23. Chegada de incógnito: o heroe chega de incógnito á súa casa ou a outra comarca
  24. Pretensións enganosas: un falso heroe reivindica para si pretensións enganosas
  25. Tarefa difícil: propónselle ao heroe unha tarefa difícil
  26. Tarefa cumprida: a tarefa é realizada
  27. Recoñecemento: o heroe é recoñecido
  28. Descubrimento: o falso heroe ou o agresor, o malvado queda desenmascarado
  29. Transfiguración: o heroe recibe unha nova aparencia
  30. Castigo: o falso heroe ou o agresor é castigado
  31. Matrimonio: o heroe cásase e ascende ao trono
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*