Conectores textuais

Comparte!

Os conectores son marcas que orientan ao lector na comprensión do texto xa que o dotan de coherencia na súa estrutura. A continuación indicamos algúns exemplos que poden axudar ao alumnado nos seus procesos de escritura narrativa:

  • Conectores de inicio: úsanse para iniciar a narración, tanto a nivel escrito como verbal. Algún exemplos son: Érase unha vez, Nun tempo moi afastado, Aquel día, En…vivían…, Había unha vez, et.
  • Conectores aditivos: para engadir ideas á narración e dicir a orde na que aparecen. Tamén poden empregarse para introducir ideas que sirvan para insistir sobre determinados aspectos da súa narración. Por exemplo: do mesmo modo, no mesmo sentido, en segundo lugar, e o que é máis, por último, de modo semellante, de modo similar, finalmente, de feito, insistindo, unha vez máis, de igual xeito, igualmente, et.
  • Conectores temporais: úsanse para indicar en que momento ocorreron as situacións que se narran, segundo a situación temporal desde a que se fala. Por exemplo: antes, anteriormente, por agora, agora, despois, finalmente, ao final, en pouco tempo, inmediatamente, ata agora, despois dun tempo, neses días, antes que, despois de que, máis tarde, de pronto, repentinamente, agora que, Cando, mentres, entón, cada vez que, apenas, en canto, simultaneamente, ao principio, , por último, un día, et.
  • Conectores de lugar: serven para sinalar o lugar onde se atopaba o obxecto ou persoa á que se fai referencia ou o sitio onde ocorreron os feitos que o falante quere narrar ao seu interlocutor. Por exemplo: detrás, atrás, na parte posterior, máis adiante, no alto, enfronte, et.
  • Conectores para exemplificar: para introducir exemplos ou explicacións que aclaren as ideas expresadas. Por exemplo: en efecto, en particular, así, deste xeito, et.
  • Conectores para comparar: para formular comparacións entre feitos, persoas ou obxectos nomeados na narración. Por exemplo: de xeito semellante, igualmente, de igual maneira, do mesmo modo, et.
  • Conectores de contraste: úsanse para introducir ideas que sirvan para matizar, contrastar ou refutar ideas formuladas con anterioridade. Por exemplo: máis ben, non obstante, por outra banda, aínda con todo, por outro lado, ao mesmo tempo, sen embargo, et.
  • Conectores de concesión: para introducir oracións coas que o falante admite ou asume un suceso ou feito detallado na narración. Por exemplo: admitindo, certo que, con seguridade, seguramente, et.
  • Conectores de resultado: introducen oracións onde se detallan as consecuencias ou deducións directas dos feitos relatados. Por exemplo: en consecuencia, como resultado, así, así que, et.
  • Conectores de conclusión: serven para introducir de xeito coherente as conclusións ás que se chegou segundo o relatado no texto. Por exemplo: en conclusión, así, así pois, para concluír, abreviando, en resumo, et.
  • Conectores para finalizar: permítenlle ao falante dar fin á narración que ven desenvolvendo. Por exemplo: sería conveniente, para terminar, para finalizar, ao final, finalmente, et
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.22_1171]
Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*