A seguinte aprendizaxe que poida darse en ti, froito da lectura deste artigo ou do orixinal no que está baseado, é responsabilidade única da filosofía, que é o estudo dunha variedade de problemas fundamentais acerca de cuestións sobre a existencia, o coñecemento, a verdade, a moral, a beleza, a mente e a linguaxe [1]. As notas literais que poidas atopar nesta composición están recollidas da lectura do artigo “Futuro: posibilidad de ser” de Francisco Macías.
É a filosofía a que nos axuda en momentos de incertidume, a que aclara moitas das contradicións existenciais ás que estamos sometidos e nos proporciona ferramentas para continuar. A que damos importancia? a que non? está claro que o “saber facer” e o “aprender a aprender” son hoxe habilidades a desenvolver porque o futuro é máis que nunca incerto, porque non sabemos realmente que vai a ser de nós, pero é preciso facelo en condicións de reflexión, máis ben de “aprender a ser”, evitando posibles condicións impostas. Cruda é a realidade que debemos tentar integrar nas aprendizaxes dos nosos alumnos, a contradición existente entre a rapidez como característica diferenciadora do novo modelo social, e a tranquilidade necesaria para a maduración cognitiva. Esta realidade, como contradición, debe ser aceptada para formar base de outras capacidades máis importantes como a que nos indicaba a antropóloga Margaret Mead cando dicía “non dubides xamais da capacidade de tan só un grupo de cidadáns conscientes e comprometidos con mudar o mundo”.
“Estamos deseñados para buscar certidumbres, polo que apostamos polo uso de “prospectivas”. Así, somos un proxectos, non estamos rematados nin predefinidos: o ser humano non nace, faise.”
E esta mesma filosofía, como todas as humanidades, atópanse en risco coa aplicación da nova lei educativa: a LOMCE. Os movementos de base a través de plataformas de defensa ou de diferentes colectivos, estanse a amosar preocupados e isto é porque pensan en términos de futuro, como é natural.
“O home existencial, vive na unión de pasado-presente-futuro. O presente, a dimensión na que nos movemos, é o punto de unión entre as outras dúas dimensións temporais. Sen pasado non seriamos o que somos. Sen futuro, motor que nos proxecta, non habería motivo para seguir adiante nin a posibilidade de chegar a ser. Dende unha perspectiva existencialista, somos pasado-presente-futuro dun mesmo, unidos nun só instante, no noso aquí e agora.”
(…)
“A posibilidade […] exerce unha dobre función dialéctica na alma. En primeiro lugar, por medio da posibilidade a alma pode representarse de infinitas formas sen que o tempo sexa obstáculo para isto, pode construír racionalmente as normas nas que debe suxeitar a súa existencia, universalizando o concreto; pode idear esquemas onde a realidade quede finalmente resolta; (…) Pola contra, a posibilidade, polo seu carácter aberto, convértese para a conciencia do “eu” en angustia; pois a condición para que todo sexa posible é que nada sexa real, xa que a determinación do real atópase no límite da posibilidade (Guerrero, 1993: 87)”
Que importante parece logo que os nosos alumnos soñen, canto máis mellor. Só cando eramos nenos e careciamos de “pasado” estabamos en disposición de facelo sen máis preocupación. Cando só tiñamos presente e futuro o noso traballo era soñar, soñar, soñar, soñar… pois ben, que mellor que os nosos alumnos soñen; e a pregunta: estamos a crear ambientes escolares que o favorecen?
O noso papel, como profesionais da educación podería ser a integración destes soños nos pequenos proxectos creativos que se vaian a desenvolver… o resto viría rodado. Que ben considerarnos “profesionais dos soños”.
Pero…
“Con que intencións construímos proxectos que, en moitas ocasións, non se realizarán? Nun primeiro momento, e co afán de parecerse aos deuses, o home pretende anticiparse ao seu futuro. Co fin de non cometer erros polas súas decisións, cada ser humano planifica o que fará ao día seguinte. Móvese baixo o imperativo hipotético de “si fago isto podería pasar aquilo”. Por tal motivo, o ser humano prefire realizar este exercizo de xeito intelectual e non arriscarse a fracasar nun futuro non moi afastado. Pensa que con iso librouse do erro no futuro, un erro que se puido converter en acerto e que puido abrir novas posibilidades de ser. (…)”
“Pero sobre todo, o ser humano planifica para poder ser el mesmo. O futuro amósaselle como o motor que o incita a ser, que o invita a seguir camiñando cara o obxectivo proxectado. Sen ese futuro, a existencia veríase baleira, porque aquilo polo que se traballou non tería razón de ser.”

“O deber de todo home é ter vocación”. Kierkegaard (2007b)
E logo que?
Deixar soñar non significa necesariamente debuxar un ecosistema de cor rosa e sobreprotexido. A xestión das emocións implica a aceptación do conflito. Debemos crear ambientes felices para os nosos rapaces pero non dende a evitación, senón dende a aceptación como unha das bases para a intervención educativa.
“O sentimento do futuro: a angustia.Cando nos enfrontamos ao futuro que queremos construír, a emoción encóntrase ao máximo nivel, súannos as mans, a transpiración do corpo é constante, os ollos non se separan dos pes, tratando de aferrarse á realidade na que se encontran, pero a mente contradí os nosos ollos, facendo que os pensamentos se afasten de ese instante e queiran remexer no futuro; a ansiedade déixase sentir, pois aínda que o home trate de aferrarse á seguridade da realidade na que vive, non pode deixar de pensar no porvir”
[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Filosof%C3%ADa
![]() |
![]() |
Todos somos libres para soñar (..) Ser niño es un tesoro que hay que cuidar en él está el futuro que un día vendrá tan lleno de belleza y fragilidad es siempre lo primero que hay que salvar. Vídeo recogido do Blog de Susana Vila Recantos da Aula | USA for Africa (Unión de Apoyo de Artistas para Africa), fue el nombre bajo el cual cuarenta y cinco conocidos artistas, principalmente estadounidenses, liderados por Harry Belafonte, Stevie Wonder, Michael Jackson, Lionel Richie y Bruce Springsteen se reunieron para grabar el single “We Are the World” en 1985. |