Materiais Educativos e Fontes Abertas: Unha pequena mostra dun gran proxecto

Comparte!
Boas compañeiros, Con motivo da paulatina introdución das TIC nas aulas, estase a engadir a palabra “dixital” a conceptos ós que estabamos afeitos a utilizar no ámbito do noso traballo. Pero chega con engadir o apelido “dixital”? As ideas deben ser adaptadas para atoparlle cabida dentro dunha práctica na que están presentes as TIC. Como […]

Materiais Educativos e Fontes Abertas: Unha pequena mostra dun gran proxecto

3 thoughts on “Materiais Educativos e Fontes Abertas: Unha pequena mostra dun gran proxecto

  1. Moi interesante a túa reflexión, Pablo.
    Hai unha cousa na que, modestamente, discrepo. Ten que ver coa dirección na que propós que se faga o traballo. Desde o meu modesto punto de vista as cousas teñen que facerse desde a base e cara arriba, e non deben ser impulsadas nunca desde arriba. Por este motivo penso que é fundamental a asociación do profesorado en lugares como “redeiras”, nos que podemos colaborar e impulsar proxectos baseados na realidade dos centros e das aulas da que, ás veces, se atopa tan alonxadas as autoridades educativas.

    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VA:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)
  2. Boas Pablo,

    Estou dacordo no que dis pero: porque desistir en que un proxecto corporativo poida satisfacer as necesidades da base? Penso un proxecto corporativo de éxito (relacionado coa creación de recursos educativos) pode ser aquel que posibilita que, se o día da mañá a administración educativa fai que desapareza, cada quen ten a posibilidade de aproveitar o traballo feito e, incluso, replicar o mesmo proxecto como 100% de base (o poder positivo da copia).

    Exemplo: Redeiras. Feita en Software Libre que se chama ELGG. O feito de ser corporativa permite a súa conexión co directorio de datos oficiais do profesorado (LDAP), de xeito que non é necesario o rexistro para poder participar, un simple xesto de identificación basta. O profesorado pode chegar a desenvolver habilidades que, o día que Redeiras desapareza (idea que non me quero imaxinar ;), poderá continuar aplicando en outra rede de moi similares características.

    Outro exemplo: un respositorio de recursos educativos abertos, onde incluso se puidera chegar a liberar a propia ferramenta coa que se constrúe o repositorio, daría a posibilidade que ese mesmo proxecto se puidera continuar desenvolvendo aínda cando o encargado de lanzalo e lideralo durante un tempo desaparecera.

    Quero dicir Pablo que discrepo no “nunca desde arriba”, se por arriba entendemos proxectos corporativos copyleft con compromiso coas necesidades dos centros, dos docentes e dos alumnos…

    En todo caso tamén penso que é fundamental a asociación do profesorado xa que as estruturas distribuídas son moito máis seguras que as piramidais (que llo digan a internet e a megaupload…)

    Por certo, que xenial que comece a aparecer o nome “Redeiras” en debates educativos ciscados na rede coma este 😉

    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0.0/5 (0 votes cast)
    VN:F [1.9.22_1171]
    Rating: 0 (from 0 votes)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *



*